Análise do texto “Investigación internacional sobre ciberperiodismo”

1.- Resumo

O artículo analizado pretende mostrar as principais aportacións ao estudio do periodismo. Para iso centra o seu interés en catro aspectos específicos do desta disciplina: a hipertextualidade, a interactividade, a multimedialidade e a converxencia. Todos eles exemplifican en boa medida a evolución da investigación no periodismo dixital.

2.- Asunto central do texto e asuntos complementarios

Como asunto central sitúanse as características do xornalismo. Evolución da investigación do xornalismo dixital, a hipertextualidade, interactividade, multimedialidade, e converxencia.

3.- Organización das ideas

  • Estudios previos.
  • Investigacións.
  • Investigacións, consecuencias para o xornalismo cidadán.
  • Estudos e evolución.
  • Termo, evolución e correntes á hora de facer os estudos, conclusión.

4.- Estrutura formal do documento

A estrutura do documento comeza coa titulación do mesmo, dende este punto observamos a presentación de cada un dos autores responsables da súa elaboración, baixo a súa foto atópase unha pequena biografía. A medida que avanza o análise observamos un breve resumo, a indicación das palabras clave e o que se pretende coa súa elaboración. A partir de ahí comeza a explicación total do documento e o proceso de investigación que se leva a cabo dende a páxina dúas ata a sete. Como último elemento cabe destacar a bibliografía que ocupa as dúas últimas páxinas.

5.- Elementos do esquema de investigación

  • Portada.
  • Título: Investigación internacional sobre ciberxornalismo.
  • Resumo: Realízase unha revisión do estado da arte da investigación internacional en ciberxornalismo. O estudo céntrase na análise das principais aproximacións producidas en catro das áreas máis significativas da disciplina.
  • Palabras clave: Investigación, Ciberxornalismo, Hipertextualidad, Multimedialidad, Interactividade, Converxencia, Estado da arte.
  • Introducción: O periodismo en internet ten pouco máis de 15 anos.
  • Formulación do problema: A cuestión fundamental que se plantexa e a influencia que teñen os novos medios tecnolóxicos e mediáticos no xornalismo.
  • Xustificación da investigación: Tendo en conta a gran influencia que exerce o denominado “cuarto elemento” na sociedade actual é de gran valor unha análise relacionada con este mundo e as posibilidades que oferta.
  • Obxetivos: O artículo pretende mostrar as principais aportacións no estudo do ciberxornalismo.
  • Preguntas: A pregunta que se plantexa provén do tremendo interrogante que supón un mundo tan amplo como internet.
  • Marco teórico: Ven marcado polas teorías do xornalismo co seu paso ao medio dixital e o que supón.
  • Metodoloxía: Este proceso ven desenvolto en catro termos relacionados co xornalismo dixital.
  • Investigación: Páxinas dúas a nove.
  • Conclusión: Finalizada a primeira década do século XXI, os cibermedios deixaron definitivamente de ser un fenómeno marxinal nas empresas de comunicación e forman xa parte esencial da engrenaxe mediática.
  • Bibliografía: Da páxina sete á nove.

6.- Propostas de interés

  • A importancia do medio tecnolóxico no xornalismo actual.
  • O poder mediático que exerce o público no material xornalístico.

7.- Preguntas que suscita

  • Por qué en España predominan os medios multimedia con respecto a outros países?
  • O xornalismo online axuda ou non a credibilidade do xornalismo?
  • É boa a masificación dos medios xornalísticos e o seu libre uso interactivo?
Anuncios

Un comentario en “Análise do texto “Investigación internacional sobre ciberperiodismo”

  1. Está menos clara a relación co esquema. En realidade, este texto e o das teorías da comunicación son como un apartado dun marco teórico: recollen e describen as aportacións de autores referidos, neste caso, á investigación no contorno do ciberxornalismo. E para isto usan unhas variables para identificar os distintos estudos. Está correcta a exposición. Sería necesario facer a referencia completa ao artigo.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s