Análise do texto: “Teorías da comunicación en América do Sur: historia, actualización e prospectivas”

1.RESUMO DO TEXTO

Tras a explosión das ciencias da comunicación en América Latina e das crisis políticas, emerxeron un conxunto de publicacións a raíz desas investigacións, iniciando unha nova etapa na que se crearon as carreiras de Ciencias da Comunicación.

Os antecedentes a esta nova época podemos situalos nos anos setenta, en América Latina, que seguían os pasos de Europa e EEUU. 1963 é o ano considerado punto de partida do pensamento crítico latinoamericano na comunicación. En 1970 apareceu o primeiro análise crítico, que concentrou a súa atención nos medios de comunicación masiva, que estaba concentrada a favor da élite urbana dominante, igual que a tenencia da terra. EEUU empregaba os medios de comunicación para facer propaganda política. En 1970 cabe destacar a Conferencia Xeral, onde Luis Ramiro Beltrán fixo que se incluíra no debate o tema das políticas de comunicación. A raíz de todo isto, a UNESCO realizou en Bogotá en 1974 unha reunión de expertos latinoamericanos, que tiña ideas distintas á Asociación Interamericana de Radiofusión e de Prensa e iniciaron unha campaña para persuadir á UNESCO de que deixara aquel encontro sen efecto. Non conseguiron paralos, pero si que o organismo internacional non empregara o documento preparado por Luis Ramiro Beltrán por encargo da UNESCO. Paralelamente, emerxía unha área que relacionaba a comunicación ca educación e análisis de procesos populares e das converxencias e conflictos que se xeraban entre o popular e o masivo, así, estas dúas áreas, a da educación e os estudos do popular, transformábanse en grandes aportes dos estudios da comunicación en varios países. Desde diversos espazos da comunicación vincúlase a teoría e a práctica, pero desde unha posición reinvindicativa do latinoamericano e do nacional, fronte a agresión imperialista. A década da metade dos setenta aos 80 é considerada a década perdida en moitos aspectos, ao que se uniu a derrota na UNESCO. Todos os avances trasladáronse a outras zonas de América Central e do Norte, e a Europa. Existía así unha dobre orientación: unha tendencia á investigación máis formal e outra, impulsada por institucións non gubernamentais, as cales eran o único refuxio para a investigación crítica durante as dictaduras. A teoria crítica marcaba a tendencia de América Latina. A mediados dos oitenta pasouse de un estilo máis frankfurtiano, comunitario e educativo a un máis centrado na cultura. Persoas como Martín Barberó, García Canclini ou Nelly Richard presentaron as súas opinións sobre os medios e a súa función nese momento. Estas inflexións na cultura latinoamericana dos anos oitenta crearon unha ponte entre os practicantes nos estudos culturales e as prácticas. Á hora de incorporar os estudos culturais ás investigacións en Teorías da Comunicación en América do Sur houbo varias dificultades: a historia, a actualización e a prospectiva. O popular comeza a asumirse como parte da memoria constituínte do proceso histórico. Houbo unha discusión sobre se realmente existía unha corrente chamada Estudios Culturais Latinoamericanos, pero máis alá disto, cabe destacar a resignificaciín que tivo o concepto do popular. Tamén foi problema o debate entre os estudios culturais e a economía política da Comunicación e da Cultura. A radicalidade do enfoque dos estudos culturais e en considerables investigacións o seu abandono da incorporación dos enfoques político­económicos comezaron a ser foco de críticas xunto con outros aspectos. O investigador brasileiro José Marqués propuxo para entender os desafíos da época mirar ao pasado, á historia, a rescatar a traxectoria intelectual. En Brasil temos que destacar o desenvolvemento da semiótica e da teoría da imaxe, a cal foi tratada por diversos teóricos, cada un desde o seu punto de vista. Despois da década dos setenta e oitenta, o campo das comunicación en América do Sur atópase en expansión, comeza a consolidarse con dificultades. A convivencia de tantos conceptos no mundo da comunicaión fan dubidar sobre como será o futuro, sendo un desafío para as investigacións.

2. ASUNTO CENTRAL DO TEXTO E ASPECTOS COMPLEMENTARIOS

O asunto central do texto é a historia dos medios de comunicación en América Latina entre 1963 e 1990, as investigacións na área das Ciencias da Comunicación, as súas influenzas, os teóricos que apoiaban cada teoría, as posturas que defendian, o paso de unhas ideas a outras…

3. ORGANIZACIÓN DAS IDEAS

O texto comeza cun breve resumo no que avanza do que tratará, e para adentrarnos e facernos comprender a situación crea unha introducción amosando os antecedentes da comunicación en Latino América. Enuméranse unha serie de acotecementos con relevancia que influiron e foron decisivos na historia desta ciencia. Posteriormente, plantéxase o problema das políticas nacionais de Comunicación, da Comunicación Educativa e do desenvolvemento latino americano. A seguinte idea que aparece é o problema que supuxo a dictadura, facendo que se trabállase e avanzase nos temas dos estudios culturais só no exilio. A seguinte idea é a relación entre cultural studies e estudios culturais, seguida da problemática dúbida e discusión entre os teóricos sobre os estudios culturais. O seguinte debate que se plantexa é entre os estudios culturais e a Economía da Comunicación e da Cultura. A idea de estudar a historia e preocupaarse do pasado para mirar ao futuro, e deixar de lado algo a economía. Finaliza o texto cunha conclusión e unhas expectativas sobre o futuro dos medios de comunicación en América Latina.

4. ESTRUTURA FORMAL DO DOCUMENTO

  1. Título e autoría
  2. Sumario
  3. Abstract
  4. Introducción
  5. Acontecementos destacados  (Historia e evolución da comunicación en latinoamerica)
  6. Os estudios culturais e a súa existencia
  7. Debate entre os estudios culturais e a economía política da comunicación e a cultura.
  8. A comunicación e a súa relación coa estética e os sentimentos
  9. Conclusións
  10. Bibliografía (seleccionada e xeral)
  11. Enlaces

5. ELEMENTOS DO ESQUEMA DE INVESTIGACIÓN

1- Idea. Podese ver xa exposta no título: “Teorías da comunicación en América do Sur: historia, actualización e prospectivas”

2- Resumo. No abstract observamos unha especie de resumo do texto, no que se fala do progreso que sofre América do Sur desde 1960 ata a década dos noventa respeto ao tema da comunicación. Non é un resumo completo, xa que ao longo das distintas partes do texto, se nos achega información profundizando máis en temas como o estancamento da loita por mellorar as comunicacións, os periodos de atraso e os periodos de auxe.

3- Palabras clave. Non aparecen destacadas, mais poderíamos sinalar algunha que outra como por exemplo: comunicación, evolución, historia e América do Sur.

4- Introducción. Explica de forma xeral a investigación que se levou a cabo e tamén o contexto e o marco teórico no que se sitúa a comunicación en América Latina.

5-  Formulación do problema e obxectivos. O problema que se presenta é a indagación sobre os aspectos relativos coa comunicación en América do Sur. Aínda que non aparecen especificados no texto, os obxectivos que se pretenden acadar serían: poder analizar as distintas etapas da comunicación e dos estudios relacionados con esta ao longo dun período de tempo, que en este caso vai desde os 60 ata os 90, en América latina, estudando os distintos acontecementos, reunións, crises e avances que ocorreron para poder facer unha hipótese do que podería suceder nun futuro.

6- Investigación. Profundízase nos acontecementos máis importantes que condicionan á comunicación.

7- Preguntas. Basicamente responde á pregunta: cal é a historia dos medios en Latino América? Como se ve o futuro destes?

8-  Marco teórico. A comunicación en Latino América.

9- Conclusións. Aparece en penúltimo lugar, tras un traballo de investigación e unhas ideas expresadas ao longo de todo documento, aparecen reflexadas as expectativas no futuro da comunicación latinoamericana.

10- Bibliografía. Aparece case ao final de todo, antes dos enlaces. Neste apartado van incluídos textos, libros e documentos que se utilizaron na investigación. Tamén se inclúen os nomes de autores, libros ou estudos aínda que xa se mencionaran ao longo do texto.

11- Enlaces. Aparecen ao final de todo e a través deles, podemos acceder a webs de centros de investigación, revistas, institutos, asociacións, etc. para entender mellor o tema ou incluso para ampliar información sobre el.

6. PROPOSTAS DE INTERÉS

A comparación dos medios de comunicación en América Latina e a súa traxectoria desde os comezos con EEUU e Europa, facendo incapé nas diferenzas e nas posibles melloras que cada un podería adoptar.

7. PREGUNTAS QUE SUSCITA

  • Cal será o futuro dos medios en Latino américa?
  • Progresaran de maneira positiva as teorías da comunicación?
  • Que novedades pode haber ou que pode cambiar no futuro da comunicación?
Anuncios

Un comentario en “Análise do texto: “Teorías da comunicación en América do Sur: historia, actualización e prospectivas”

  1. Resumo, algo longo. A idea desgránase no traballo. Non fai falta mencionala. O texto é un traballo de recompilación das corrientes teóricas en Latinoamérica; polo que case todo o traballo é como un marco teórico xa que recolle teorías e autores que as representan, polo que tamén a investigación representa esa mesma recompilación. Sería necesario facer a referencia completa ao artigo.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s