Comunicación interactiva en los cibermedios. Mariano Cebrián Herreros

1. Resumo

A investigación céntrase nos cibermedios de comunicación e en como estes cambian as relacións comunicativas cos usuarios a través de diversos métodos participativos que a rede ofrece.

Internet deu numerosas posibilidades que convertiu ós medios de comunicación, tradicionais emisores da información, en receptores da mesma por parte dos usuarios da rede a través de ferramentas como correos electrónicos, chats, foros, blogs ou enquisas e sistemas de comentarios que os propios medios incorporan. Con isto trátase de xerar un texto informativo de maneira conxunta con aportacións dos receptores, aínda que a súa implicación como redactores non é total senón que está controlada polo propio medio.

Os usuarios convírtense así tamén en enriquecedores de contidos informativos á vez que os cibermedios ofrecen posibilidades de instantaneidade informativa e tamén de ampliación de información segundo os intereses dos usuarios: vídeos, enlaces a outras noticias, enlaces ás fontes, buscadores de contidos propios ou externos… O que vén sendo hipertextualidade e multimedialidade, as grandes bazas dos cibermedios fronte ós medios de comunicación tradicionais.

Ciberxornais, cibertelevisións e ciberradios superan ós seus correspondentes medios tradicionais na medida en que permiten unha maior interactividade, flexibilidade e acceso a contidos que en xornais, radios e televisións normais están máis limitados, se ben desde hai uns anos veñen incorporando como poden certos modelos interactivos como votacións por teléfono, contactos por correo electrónico ou SMS, etc, así como un traballo de colaboración cos seus sitios web.

Os cibermedios convertéronse nunha gran comunidade web que permite ós usuarios participar na construción da información e acceder a maiores cantidades de información de maneira case instantánea e actualizada, a través de diferentes formatos multimedia.

2. Estruturación das ideas

Considero que a investigación realizada está ben feita, pero a forma ou a orde de estruturar os contidos non considero que sexa a mellor para a comprensión progresiva do tema, pois tal e como está plantexado, hai que rematar o traballo completo para saber que puntos toca exactamente. O estudo comeza falando das formas de participación (punto 3.1) antes de introducirnos que os cibermedios realizan cambios narrativos e expresivos (3.5), a nova concepción dos medios de comunicación na rede (3.4) e as novas posibilidades en canto a espacialidade e temporalidade (3.7). Unha vez explicamos estes tres puntos, poderemos falar das formas de interactividade (3.1) que intercambia as posicións de emisor e receptor (3.2), das converxencias entre medios tradicionais e cibermedios (3.6).

3. Partes da investigación

1. Idea: no título “comunicación interactiva nos cibermedios”.

2. Resumo: vén ao comezo en castelán e en inglés

3. Palabras clave: vén despois do resumo.

4. Introdución: aparece como o punto 1.

5. Formulación do problema: dentro da introdución, o punto a) Concepción dos cibermedios define os cibermedios e enmarca a importancia do estudo dos mesmos.

6. Hipóteses: dentro da introdución é o punto c), que supón que os cibermedios propoñen novos métodos de narración e estruturación.

7. Preguntas: introducidas dentro das hipóteses e antes dos obxectivos, e desta forma os introduce.

8. Obxectivos: enmárcase o obxectivo xeral do traballo, que é textualmente “examinar os cibermedios desde a perspectiva das novas formas da comunicación nas súas dimensións informativas interactivas e conseguir novas aportacións para a construción dun modelo global de comunicación interactiva que recolla e explique os cambios introducidos polos cibermedios”. Logo expóñense os obxectivos particulares.

9. Metodoloxía: é o punto 2, onde se remarca que se deseñou unha metodoloxía específica baseada na observación de cibermedios representativos de España. Poderíamos observar aquí o marco teórico tamén, posto que introduce con que información traballou.

10. Investigacion: o traballo en si, o punto 3. Resultados e discusión.

11. Conclusións: o punto 4, xa rematada a exposición.

12. Notas, que substitúe ó apéndice ou anexo ampliando ou concretando certa información sinalada no propio texto.

13. Bibliografía: os documentos consultados, están na última parte, onde se sinala “referencias”.

4. Cousas de interese e preguntas que suscita

O interesante desta investigación é ver como fai unha visión do presente e do futuro dos cibermedios, facendo fincapé nos cambios que parece que está habendo na concepción da información e da súa construción. As preguntas ou dúbidas que nos plantexamos de cara ao futuro son dunha incerteza tal que soamente una máquina do tempo podería respondelas: cal é o futuro dos medios convencionais? Sucumbirán e estarán ó carón dos cibermedios ou lograrán sobrevivir? Cara onde camiña o xornalismo? Cara un xornalismo cidadán máis participativo no que cada un pode producir información?

Anuncios

Un comentario en “Comunicación interactiva en los cibermedios. Mariano Cebrián Herreros

  1. ¿idea, está claro que a idea ten que estar e desenvolvese ao longo do traballo? Estamos fronte un traballo que se aproxima bastante ao esquema analizado no que aparece revisión da literatura, hipóteses, obxectivos, preguntas, metodoloxía. De feito é un artigo que sae dunha investigación do propio autor. Falta a referencia completa ao traballo.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s