1. Historia das eleccións españolas na democracia

Ata a data, desde a instauración da Monarquía Constitucional e da democracia, foron celebradas un total de 11 eleccións xerais (1977, 1979, 1982, 1986, 1989, 1993, 1996, 2000, 2004, 2008 e 2011) para a elección dos 350 escanos do Parlamento e 208 do Senado (+56 por designación real).
As eleccións con maiores grupos parlamentarios foron as de 1979 (14), e as que contaron con menos foron as de 1982 e 2008 (10).

Eleccións de 1977

As primeiras eleccións xerais españolas tras a ditadura franquista foron celebradas o 15 de xuño de 1977. O novo Congreso foi formado coa labor de iniciar un proceso constituínte que culminaría a Transición cara a democracia que iniciara trala morte de Franco e a designación por parte do Rei de Adolfo Suárez como Presidente do Goberno.
Tras a xornada electoral cun 78,83% de participación cidadá e un 21,17% de abstención, o Parlamento resultante estivo constituído por un total de 12 grupos parlamentarios. As grandes vitorias foron para a UCD (165) e o PSOE (118) xunto cos 20 deputados do Partido Comunista.

Tarefa2-Eleccions-1977

Eleccións de 1979

Trala aprobación da Constitución a finais de 1978, celebráronse as primeiras eleccións baixo a súa vixencia o 1 de marzo de 1979 cunha participación do 68,04% e unha abstención do 31,06. O novo Parlamento non cambiou moito con respecto ás eleccións anteriores, pero aumentaron os grupos a 14, sendo a lexislatura con maiores grupos parlamentarios no Congreso.

168. UCD (Unión de Centro Democrática)
121. PSOE (Partido Socialista Obrero Español)
23. PCE (Partido Comunista de España)
10. CD (Coalición Democrática)
8. CiU (Convergència i Unió)
7. PNV (Partido Nacionalista Vasco)
5. PSA-PA (Partido Socialista de Andalucía-Partido Andaluz)
3. HB (Herri Batasuna)
1. UN (Unión Nacional)
1. ERC-FN (Esquerra Republicana de Catalunya-Front Nacional)
1. EE (Euskadisko Ezquerrea)
1. UPC (Unión del Pueblo Canario)
1. PAR (Partido Aragonés Regionalista)

Tanto UCD como PSOE e PCE aumentaron 3 escanos e apareceron novas formacións rexionalistas.
Adolfo Suárez (UCD) foi investido como Presidente do Goberno cos votos de UCD, CD, PSA e UPN.

Tarefa2-Eleccions-1979

Eleccións de 1982

En 1982 foron celebradas as eleccións o 28 de outubro. Estaban previstas para marzo de 1983, pero foron adiantadas polo Presidente Suárez. Estas eleccións pasan a historia por ser as primeiras da democracia nas que o PSOE de Felipe González gaña cunha ampla maioría absoluta con 202 escanos dos 350 do Parlamento.
A participación foi de 79,97% e a abstención de 20,03%.
A UCD afúndese dos 168 aos só 11 deputados á vez que a Alianza Popular de Fraga sube dos 9 (como Coalición Democrática en 1979) ós 107.

202. PSOE
107. Alianza Popular (en coalición con outras forzas da dereita)
12. Convergència i Unió
11. UCD
8. PNV
4. PCE
2. CDS (Centro Democrático y Social)
2. HB
1. ERC (Esquerra Republicana de Catalunya)
1. EE

Para a investidura de Felipe González (PSOE) como Presidente do Goberno participaron a maioría absoluta do PSOE e os votos dos parlamentarios do PCE, CDS e EE.

Tarefa2-Eleccions-1982

Eleccións de 1986

12 grupos parlamentarios cunha maioría absoluta do PSOE (184) para renovar a Felipe González como Presidente.

Eleccións de 1989

13 grupos parlamentarios coa terceira maioría absoluta do PSOE (175).

Eleccións de 1993

11 grupos parlamentarios cunha caída de votos do PSOE a 159, co cal Felipe González sería investido grazas ós votos de CiU (17) e do PNV (5).

Eleccións de 1996

11 grupos parlamentarios que deron un cambio do goberno cara a dereita do Partido Popular (PP) de Aznar, que coa súa maioría simple (156) sería investido Presidente grazas a CiU (16), PNV (5) e Coalición Canaria (4).

Eleccións de 2000

12 grupos parlamentarios cunha maioría absoluta (183) para o Partido Popular e a segunda investidura de Aznar.

Eleccións de 2004

11 grupos parlamentarios cun xiro de goberno cara o PSOE de Zapatero, que gañaría unha maioría simple (164) e xuntaría ós seus votos cos de ERC (8) IU (5), CC (3), Bloque Nacionalista Galego (2) e a Chunta Aragonesista (1).

Eleccións de 2008

O 9 de marzo do 2008 celebráronse novas eleccións xerais en España. Nestas eleccións, un total de 10 grupos políticos accederían á representación parlamentaria. A participación do pobo español foi do 73,85% cun 26,25% de abstención.
A vitoria sería para o PSOE de Zapatero cunha maioría simple (169) seguido de preto polo PP de Rajoy (154). Esta situación de claro bipartidismo deixaría poucos escanos a repartir nos outros escasos 8 grupos parlamentarios:

169. PSOE
154. PP
10. Convergència i Unió
6. PNV
3. ERC
2. BNG
2. IU (Esquerda Unida)
2. CC
1. UPyD (Unión Progreso e Democracia)
1. Coalición Andalucista
1. Na-Bai (Nafarroa Bai)

A investidura de Zapatero contaría cos votos do PSOE (169), CiU (10), PNV (6), IU (2), BNG (2), CC (2) e Na-Bai (1).

Tarefa2-Eleccions-2008

Eleccións de 2011

13 grupos parlamentarios que, nunhas eleccións adiantadas, deron unha maioría absoluta ó PP (186) que investiron ó noso actual Presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

As próximas eleccións xerais celebraranse, segundo un anuncio nos últimos días, o 20 de decembro deste 2015.

Anuncios

2 comentarios en “1. Historia das eleccións españolas na democracia

  1. : non se pedía porcentaxes de votos das distintas formacións. Neste caso tamén os gráficos non teñen moita lexibilidade e hai que incluir a fonte, imprescindible. Este apartado era moi sinxelo: lexislaturas, grupos, número escanos e identificar as lexislaturas con máis e menos grupos parlamentarios.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s