3. Normativa que regula os réximes electorais en España

A normativa que regula os réximes electorais en España ten as súas bases na Lei Orgánica 5/1985, publicada na BOE o cinco de xuño, do Réxime Electoral Xeral. Aquí recóllense e expóñense os requisitos necesarios de todo partido político para poder ser elector. Ademais, tamén decretan os dereitos do sufraxio da cidadanía española e a organización dun evento electoral. Así, comeza o proceso electoral nacional, que consta con diferentes fases.

Publícase o Real Decreto de Convocatoria, os promotores deben comunicar o seu propósito de celebrar eleccións cun prazo mínimo de un mes de antelación ao inicio das eleccións. Despois de quince días de que se anuncie a convocatoria, de maneira pública, os candidatos deben presentar a súa candidatura ante a Xunta Electoral correspondente, nun período de cinco días. Deben presentar o nome, as siglas, o escudo de promoción, a identidade completa dos representantes, o seu programa electoral, tres suxeitos suplentes e un documento firmado polos compoñentes que representan a lista electoral.

Comezan despois disto as Xuntas electorais, ca súa constitución e nomeamento. Hai un período de rectificación do censo en eleccións, onde se consulta o censo vixente nos concellos e consulados, e dura ata cinco días desde a interposición do recurso. De seguido, sae a división en seccións e mesas, que se publican nos BOP e se expoñen nos concellos. Fórmanse as mesas electorais mediante un sorteo, igual que nos concellos. Escóllense os representantes, os administradores e interventores de cada partido, federación e coalición ante a Xunta Electoral Central. Repártense as subvencións por gastos electorais.

O seguinte paso é a presentación das candidaturas, onde hai un prazo de rectificación de dez días. Unha vez coas listas definitivas,da comezo a propaganda e aos actos da campaña electoral. No momento no que se entra no período de campaña electoral, o cargo da presidencia, dos ministros e deputados parlamentarios, a nivel nacional e autonómico, disólvense. O poder parlamentario pasa a ser das Cortes Xerais, ata que se escollan os novos representantes gobernamentais.Ten unha duración de entre quince e vinte e catro días.

O día previo á votación, a “xornada de Reflexión”, os representantes non poden facer propaganda ou algún tipo de evento que puidese influír no voto. A Xornada de votación dura de nove da mañá ás oito da tarde. O Escrutinio xeral realizarase no terceiro día seguinte á votación pola Xunta Electoral Provincial nun acto público, mentres que as candidaturas teñen que ser publicadas ao día vinte posterior á convocatoria de BOA, nas eleccións ao Congreso ou Senado. A interposición do recurso Contencioso-electoral realizarase ata tres días despois da proclamación dos electos. Finalmente, a Constitución das Cámaras realízase ata 25 días despois da celebración das eleccións.

O proceso electoral nacional réxese pola Constitución de 1978, pola Lei Orgánica5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral(BOE) e polo Real Decreto 605/1999, do 16 de abril. As fases do proceso electoral autonómico son as mesmas que as do proceso nacional engadindo a Campaña Institucional, as Enquisas Electorais e os Apoderados e Interventores. As eleccións autonómicas prevén a súa convocatoria por cada Presidente da Comunidade Autónoma o cuarto domingo de maio, segundo se establece na Lei de Réxime Electoral. Para poder ser escollido nunhas eleccións autonómicas e municipais, é necesario que o candidato pertenza á mesma localidade na que se inscribe ou estea empadroado, sen embargo, calquera español residente en España, maior de idade e en pleno uso dos seus dereitos políticos pode ser escollido para ser Deputado.

A normativa para o proceso autonómico abarca diferentes mandatos: a Lei para a Reforma Política de 1977 e o Real Decreto­lei 20/1977, a Constitución Española de 1978, a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, os Estatutos de Autonomía e as Leis Electorais Autonómicas. No proceso electoral local séguense as mesmas bases que no autonómico. O sistema de votacións basease en listas pechadas que necesitan conseguir un mínimo dun 5% da votación par poder ter representación no Concello. Nas eleccións Xerais, os partidos presentados teñen que obter un mínimo de 3% para a representación parlamentaria. O Método d ́Hont é o empregado para o reconto de votos. Nos concellos con menos de 250 habitantes os electores poden marcar entre dous ou tres candidatos para a representación, mentres que para os que teñen máis de 250, só votan ás candidaturas que se presentan, non ás persoas integrantes. Os alcaldes son escollidos polos concelleiros do novo pleno municipal 20 días despois á celebración, e necesitan a maioría absoluta no pleno. No caso de que non exista unha maioría absoluta dos membros, pasaría a ser alcalde o primeiro concelleiro da lista máis votada polo pobo.

Anuncios

2 comentarios en “3. Normativa que regula os réximes electorais en España

  1. antes houbo “Decreto-ley de 23 de marzo de 1977, que reguló las tres primeras elecciones generales -1977, 1979, 1982- y que en lo sustancial tuvo continuidad en la sucesiva legislación electoral española”. Podía estar organizado por fases, para que o acceso fora máis doado. A redacción dificulta a recuperación dos datos precisos.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s