4. Top 10 personaxes da Economía, Literatura, Xornalismo e Tecnoloxía

Para este traballo só escollimos nomes de aqueles personaxes nacidos a partir do 1950, excepto na lista de Literatura onde incluimos dúas excepción que naceron no ano 1949, xa que pensamos que ese ano de diferencia non sería relevante.

-Literatura:

Haruki Murakami: Nado en Kioto en 1949, este escritor xaponés é un dos personaxes da literatura que marcan as pautas desde a segunda metade do século XX. É recoñecido pola tendencia posmoderna das súas obras, nas que destaca o surrealismo e o fatalismo. A súa obra máis laureada é 1Q84, publicada en 2009. Entre os premios que recibiu destaca o Franz Kafka en 2006.

Tarefa2-Haruki

Amin Maalouf: Nado en Beirut en 1949, o escritor do Líbano é recoñecido como un dos referentes da literatura actual pola súa mestura da realidade e da ficción que se da nas súas novelas, nas cales tamén se da a mestura entre culturas, entre a occidental e a oriental, tomando como referencia o que el define como a época dourada de Al-Andalus. A súa obra máis importante é León o Africano, publicada en 1986. Entre os premios que recibiu destaca o Premio Princesa de Asturias das Letras en 2010

Tarefa2-Amin

Junot Díaz: Nado en Santo Domingo en 1968, este escritor dominicano destaca polas súas novelas onde se trata a migración latina cara os Estados Unidos, as súas obras son a representación da situación que vivían as familias hispanas á súa chegada aos Estados Unidos. Ademais incorpora na escrita a xerga anglohispana, algo novidoso na literatura. A súa obra máis recoñecida é A marabillosa vida breve de Óscar Wao, publicada en 2007. Entre os premios que recibiu destaca o Premio Pulitzer de Novela en 2008.

Junot Diaz

Mo Yan: Nado en Shandong en 1955, este escritor chinés chegou ao seu posto de autoridade no mundo literario de finais do século XX e inicios do século XXI grazas a un estilo moi semellante ao de Fran Kafka e pola censura que sufriu por parte do Goberno chinés. A obra con máis importancia das que publicou é O sorgo vermello, publicada en 1987. O premio que o encomiou foi o Premio Nobel da Literatura, que recibiu en 2012.

Tarefa2-MoYan

Michel Houellebecq: Nado en Saint-Pierre en 1956, este escritor francés é sobre todo coñecido por ser un dos pioneiros da nova narrativa francesa, ademais de polo contido das súas obras, que se caracteriza de racista ou misóxino, o que xerou un amplo debate mundial sobre o emprego por parte do escritor da liberdade de expresión. Plataforma, publicada en 2001 é unha das súas obras más recoñecidas mundialmente. O premio máis prestixioso que recibiu foi o Premio Goncourt en 2010.

Tarefa2-Michel

Roberto Bolaño: Nado en Santiago de Chile no 1953 e finado en Barcelona no 2003, este escritor chileno é recoñecido polo seu vitalismo, contraposto a unha morte que presenta como violenta. Ademais cabe destacar a gran influencia de Borges e Cortázar nel. A súa obra máis destacada é 2666, publicada no 2004 de xeito póstumo. O Premio da Fundación Lara á novela con mellor acollida por parte da prensa especializada é un dos seus mellores recoñecementos.

Tarefa2-Roberto

Antonio Muñoz Molina: Nado en Úbeda en 1956, este escritor español é un dos referentes mundiais da novela negra e policíaca actual, coñecido por da unha mirada da historia recente de España desde cidades imaxinarias. A súa obra máis famosa é Plenilunio, publicada en 1997. O premio que marca a súa carreira é o Premio Princesa de Asturias das Letras, recibido en 2013

Tarefa2-Antonio

Leonardo Padura: Nado en La Habana en 1955, o escritor cubano é un referente das novelas policíacas, nas que maioritariamente da vida ao detective Mario Conde, un personaxe recoñecido mundialmente. A súa obra máis importante é Adiós Hemingway, publicada en 2001. O premio máis importante que recibiu foi o Premio Princesa de Asturias das Letras en 2015

Tarefa2-Leo

Khaled Hosseini: Nado en Kabul en 1965, o escritor de Afganistán é coñecido mundialmente polas súas novelas nas que se plasma a situación do seu país de orixe desde os ollos de casos particulares, marcados polo sufrimento e a dor. A súa obra máis recoñecida é Cometas no ceo, publicada en 2003.

Tarefa2-Khaled

Lorenzo Silva: Nado en Madrid en 1966, o escritor español relata novelas policíacas onde os casos aos que se teñen que enfrontar as autoridades son de carácter surrealista. A súa obra máis laureada é A marca do meridiano, pola cal recibiu o Premio Planeta en 2012.

Tarefa2-Lorenzo

-Economía:

Nouriel Roubini: Nado en Istambul en 1959, este economista de orixe turca é coñecido principalmente pola súa previsión da crise internacional que se iniciou en 2008. Desde ese momento pasou a ter un papel de hexemonía no ámbito económico mundial, pasando a ser coñecido como un dos gurús actuais da economía.

Tarefa2Eco-Nouriel

Jonathan Holmes Gruber: Nado en New Yersey en 1965, este estadounidense ten un papel principal entre os economistas actuais debido ao seu papel como desarrollador do plan da política da sanidade pública nos Estados Unidos. Recibe críticas tanto por non levar a cabo unha sanidade pública universal como por poñer sanidade pública en lugar de privada.

Tarefa2Eco-Gruber

Paul Krugman: Nado en Albany en 1963, este economista norteamericano é a figura máis representativa do neokeynesianismo, ademais de recibir un Premio Nobel pola súa contribución á Teoría do Comercio e á nova Xeografía Económica. Ca aplicación das súas propostas en algúns países e o seu posterior fracaso, perdeu parte da súa importancia.

Tarefa2Eco-Krugman

Thomas Piketty: Nado en Clichy en 1971, este economista francés é a cabeza visible da nova xeración de economistas. Especialista en desigualdade económica e distribución da renda, este economista xoga un papel clave nos movementos políticos socialdemócratas actuais en Europa, a través dos programas de Syriza, Podemos e dos laboristas ingleses.

Tarefa2Eco-Piketty

Justin James Michael Wolfers: Nado en 1972 en Australia, este economista é recoñecido mundialmente polo seu papel no desenrolo da sanidade e da educación pública en Estados Unidos. Está considerado como un dos líderes entre os economistas no futuro.

Tarefa2Eco-Justin

Juan Ramón Rallo: Nado en Castellón en 1984, este economista español é un dos referentes dos ideais liberalistas no mundo. Pertencente á escola autríaca, é socio fundador e director do Instituto Juan de Mariana, referente mundial do liberalismo.

Tarefa2Eco-Rallo

Nicholas Bloom: Economista estadounidense nado en 1973, denominado como un dos mellores economistas da nova xeración. É un experto nos ámbitos do investimento e do emprego, tarea que desempeña na Universidade de Stanford.

Tarefa2Eco-Bloom

Raj Chetty: Nado en Nova Delhi en 1979, este economista é mundialmente coñecido por ser un experto na economía pública e por ser representante dunha nova xeración de economistas. Os seus estudos máis importantes céntranse na igualdade de oportunidades nos Estados Unidos.

Daniel Lacalle: Nado en 1967 en Madrid, este economista español é de tendencias liberalistas. O seu prestixio é internacional xa que colaborou numerosas veces co Wall Street Journal, ademais de cubrir postos de relevancia en empresas das máis importantes do mundo como Repsol. Desde o sector máis liberal acúsaselle de ser proteccionista.

Tarefa2Eco-Lacalle

Jose Carlos Díez: Nado en 1971 en Palencia, este economista español de corte neokeynesianista é coñecido mundialmente polos seus libros sobre as posibles saídas á crise internacional que tivo lugar en 2008. No Estado español ten un alto índice de influencia dado á súas aparición en numerosos medios.

Tarefa2Eco-Carlos

-Xornalismo:

Anderson Hays Cooper: Nado en 1967 en Nova York, este xornalista estadounidense é presentador de noticias na cadea CNN, aínda que o seu cumio de fama chegoulle co premio Emmy que recibiu pola súa reportaxe Haiti in Ruins.

Tarefa2Xor-Anderson

Ezra Klein: Nado en California en 1984, este xornalista estadounidense é un dos pioneiros do xornalismo dixital no mundo, debido a que en 2003 iniciou as súas andanzas cun dos primeiros blogs especializados no tema. Actualmente atópase no proxecto Vox Media.

Tarefa2Xor-Ezra

Rachel Maddow: Nada en 1973 en California, esta xornalista é unha das figuras referentes na radio estadounidense nos últimos anos, ademais de participar na televisión, na que tamén se sitúa como unha personaxe importante. Air American Radio e MSNBC son os seus medis actuais.

Tarefa2Xor-Rachel

Louis Theroux: Nado en 1970 en Singapur, este escritor que pronto se moveu cara Inglaterra é un dos mellores documentalistas actuais. Isto débese ao carácter que as súas pezas teñen, nas que mostra a situación de minorías e de grupos das subculturas.

Tarefa2Xor-Louis

Gervasio Sánchez: Nado en Córdoba en 1959, este fotoxornalista español é recoñecido polo seu papel de correspondente en distintas guerras, nas que mostrou imaxes que outros non se atrevían a amosar e deu a coñecer situación que de outro modo houberan quedado silenciadas. O premio Ortega y Gasset recibido en 2008 encomiou a súa carreira.

Tarefa2Xor-Gervasio

Miguel Gil Moreno: Nado en Tarragona en 1967 e finado en Serra Leoa no 2000, este xornalista español que actuaba como correspondente de guerra, ten un recoñecemento mundial. Miguel Gil conseguiu imaxes que deron a volta ao mundo e que cambiaron a óptica de algún feitos como na guerra de Iugoslavia, na que filmou a ofensiva do exército da OTAN.

Tarefa2Xor-Miguel

Anna Marie Quindlen: Nada en 1953, esta xornalista americana xoga un papel clave na prensa estadounidense a través do seu traballo como columnista no New York Times. O recoñecemento chegoulle en 1992 co Premio Pulitzer de comentario.

Tarefa2Xor-Anna

Christiane Amanpour: Nada en Londres en 1958, esta xornalista británica é recoñecida mundialmente polo seu papel na CNN, onde traballa como correspondente da xefatura internacional, presentadora de CNN internacional e de CNN en español. En 2008 foi galardoada co premio do Cuarto Poder, dado polo National Press Club.

Tarefa2Xor-Amanpour

Julia Otero: Nada en Lugo en 1959, esta xornalista española goza de moita influencia tanto pola súa ampla traxectoria como pola relación mantida cos políticos españois e internacionais nos últimos anos, aos cales realizou numerosas entrevistas.

Tarefa2Xor-Julia

Jordi Évole: Nado en Barcelona en 1974, este xornalista español destaca debido ao seu programa de televisión Salvados, no cal trata temas de actualidade a través dunha nova perspectiva no xornalismo español. Nos últimos anos é recoñecido como un dos mellores reporteiros no mundo.

Tarefa2Xor-Jordi

-Tecnoloxía:

Shinya Yamanaka: Nado en Osaka en 1962, este investigador xaponés ten prestixio internacional dado o descubrimento dun método idóneo para xerar células madre que permitan rexerar texidos que á súa vez posibiliten combater enfermidades coma o cancro.

Tarefa2Tec-Shinya

Homayoon Kazerooni: Investigador nado en 1956 que desenvolve a súa actividade nos Estados Unidos. É recoñecido mundialmente pola creación dun exoesqueleto que serve como método para andar para aqueles que non poidan debido á súa discapacidade.

Tarefa2Tec-Homayoon

David Gow: Nado en 1957 en Escocia, este investigador saltou á fama grazas a ser a primeira persoa que deu lugar a unha man biónica, que supón un avance moi grande no terreo das discapacidades. Tamén ten usos militares pero os principais son cara o terreo médico.

Tarefa2Tec-David

Tim J. Berners Lee: Nado en Londres en 1955, este investigador británico é recoñecido como o pai do motor mundial na actualidade, a Web. Un dos maiores avances na historia, que cambiou a forma de entender as cousas.

Tarefa2Tec-Tim

Larry Page: Nado en Michigan en 1973, este investigador estadounidense foi o creador de Google xunto con Sergey Brin. Deu lugar ao motor de procura máis eficiente do momento, e que lle abriu unha nova porta de posibilidades á toda a poboación mundial.

Tarefa2Tec-Larry

Linus Torvalds: Nado en 1969 en Helsinki, este investigador finés é recoñecido por ser creador do mellor software de código aberto, Linux. Este permitiu o acceso á rede de millóns de persoas, o que implica un cambio de calidade nas súas vidas.

Tarefa2Tec-Linus

Ajay Bhatt: Nado en 1952, este investigador indo-estadounidense é o inventor do USB. Un invento que supuxo un cambio á hora de portar a información e de poder transportala dun lugar a outro dun xeito cómodo, rompendo cos vellos métodos engorrosos e que só os entendidos no tema podían levar a cabo.

Tarefa2Tec-Ajay

Janus Friss e Niklas Zennstrom: Nado en 1976 en Dinamarca en 1966 en Suecia respectivamente, estes dous investigadores son recoñecidos mundialmente por dar lugar ao primeiro programa que permitiu videoconferencias de calidade e gratuítas para toda a poboación, son os inventores de Skype. Supón un cambio mundial xa que permitiu a posibilidade de conectar con xente de todo o mundo con só ter conexión a Internet.

Tarefa2Tec-Skype

Emmanuelle Charpentier e Jennifer Doudna: Nada en Francia en 1968 e en Estados Unidos en 1963, estas dúas investigadoras son recoñecidas polos seus avances na edición de xenomas e manipulación de ácidos nucleicos. Isto permite abrir un camiño cara dar solución ao cancro ou á fibroses quística.

Tarefa2Tec-JyE

Juan Ignacio Cirac: Nado en Manresa en 1965, este investigador español é recoñecido mundialmente polo desenrolo dun novo sistema de computarización baseado na mecánica cuántica, o que permite acelerar todo o proceso de cálculos algorítmicos dos ordenadores até puntos insospeitados. O que facilitará moito todo tipo de operación na Web.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Anuncios

3 comentarios en “4. Top 10 personaxes da Economía, Literatura, Xornalismo e Tecnoloxía

  1. Literatura: lista pouco convencional, ata chegar a Muñoz Molina (por suposto, subxectovp).
    Economía: Gruber e Wolfers están relacionados coa sanidade en USA? Por qué é considerado un dos mellores economistas da nova xeneración? Lacalle é menos liberal que Rallo? Tamén pouco convencional.
    Xornalismo: presentadores non é que sexan piares do ámbito do xornalismo.
    Tecnoloxía: ben, ata chegar ao millonario Larry Page e Brin?

    Me gusta

    1. Economía: Gruber foi o director do Health Care Program no Despacho Nacional da Reserva Económica estadounidense. Pola súa parte Wolfers é un estudoso do ámbito público, incluso imparte unha materia que trata sobre o tema, ao que hai que engadirlle o seu posto clave como colaborador co Despacho Nacional da Reserva Económica estadounidense. É considerado un dos mellores economistas da nova xeración polos seus estudos sobre o sector público, ou iso especifica o FMI na súa lista sobre os 25 economistas máis influintes nun futuro.
      Lacalle é considerado menos liberal ca Rallo pola súa defensa da existencia do Estado cunhas funcións moi básicas, mentres que Rallo proclama a desaparición total do Estado. Estas posturas vense habitualmente nos distintos debates que manteñen tanto nas canles de televisión como vía twitter. Un motivo de menos peso neste aspecto sería a relación entre Lacalle e un partido conservador neoliberalista como é o PP, mentres que Rallo é crítico co PP desde a súa postura de simpatizante do Partido Liberal.
      Xornalismo: A lista ía sobre os personaxes máis influíntes, non sobre os piares do xornalismo. Evidentemente un presentador non é normalmente un xornalista que destaque pola súa capacidade de facer un xornalismo novo e de calidade, pero si que é un personaxe influínte dentro da esfera actual.
      Tecnoloxía: Desa lista millonarios son a gran maioría, os creadores de Google claro que fan un gran negocio co seu servizo, como calquera empresa no sistema capitalista. Pero na lista decidimos valorar o servizo que ofrecen ás persoas, e non os cartos que gañan, e Google é un buscador que facilita o acceso a todo tipo de materiais a unha gran parte da poboación mundial.

      Saúdos!

      Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s