Tarefa 3: El Juego De La Muerte

Asuntos que se abordan no documental

O primeiro asunto, ou polo menos o fundamental de todo o documental é o poder que exerce o mundo da televisión sobre os cidadáns. Desde este punto a análise pormenorizada de cada un dos bloques do producto audiovisual é semellante ao dunha escaleira, tendo no cume da mesma ao que xa se denomina como ‘cuarto poder’. Outro asunto que se aborda, é o nivel de exhortación que exercen o resto de individuos dunha sociedade subxugados a un réxime, cara un individuo que intenta resistirse á autoridade. O terceiro punto é o análise duns individuos que deciden opoñerse ás leis ou a un mandato, e outros polo contrario deciden obedecer, este punto ten que ver máis con un proceso educativo que con un aspecto biolóxico. O cuarto ocuparíao o poder e a influencia que exerce unha personaxe pública ao posicionarse cunha determinada autoridade. O último e quinto asunto é, baixo o meu punto de vista, unha mirada ao espello, non soamente hai 80 persoas presentes ao estudo, cada un dos espectadores do documental é un experimento en si mesmo.

Identificamos fontes

  • Científicos que participan no experimento no grupo de Jean-Léon Beauvois (entre eles, Dominique Oberlé, profesor de psicoloxía social en Paris, e Didier Coubert. O resto de científicos expoñen as súas ideas pero non aparece mencionado o seu nome nin o seu cargo, tan só sabemos que pertencen a este grupo de científicos). Tras varios meses analizando o experimento, chegan á conclusión de que o mecanismo que leva á obediencia comeza xa desde o despacho do produtor. Aceptan as ordes da autoridade porque están sós nun estudio, sen defensa e aínda que hai valores que non aceptan, senten comprometidos e baixo a presión dos focos, o público, a presentadora… Expoñen ademais que os examinadores se rin porque están tensos e chegan a facer trampas para sentirse menos culpables..
  • O xogo da morte. É un experimento dos anos 60 realizado polo doutor Stanley Milgram na Universidade de Yale (Estados Unidos) para estudar ata que punto os individuos son obedientes ante unha autoridade.
  • Examinadores que non llo creron. Defenden a teoría de que a televisión non pode matar a alguén nin causarlle tanto dor como parecía sentir o actor. Afirman que non se plantaron para ver como acababa a representación e que se soubesen que a dor era real, pararían o programa de inmediato.
  • Examinadores que non se plantan. Algúns tentan negociar para parar o xogo pero a presión obrígalles a seguir facendo preguntas e dando descargas. Non sabían se podían realmente irse. Defenden que sentían sós, arrepiados e como ovellas obedientes. As cámaras, o público e a presentadora entre outras cousas facíanlles sentirse presionados e aínda que querían irse, non o fixeron pola presión da televisión.
  • Examinadores que se plantan case ao final. Non saben se plantarse e arruinar o programa ou seguir. A pesar de que deciden seguir, a maioría fan trampas cambiando a entoación na resposta correcta para non ter que darlle máis descargas a Jean Paul.
  • Examinadores que se plantan na metade. Deciden abandonar o xogo con todas as consecuencias para deixar de facerlle dano a Jean Paul, cualificando o xogo de inhumano e defendendo os seus valores antes que someterse á orde da autoridade.
  • Jean-Léon Beauvois, profesor de psicoloxía social. Dirixe a un grupo de científicos que investigan un concurso chamado “A zona extrema” nun estudo de televisión a mediados de abril de 2009. Jean-Léon non se esperaba os resultados obtidos no experimento. Defende que a televisión alcanzou un gran poder e que isto é terrorífico xa que antes existían masas de soldados, masas de traballadores… e agora existe unha masa de individuos televisualizados controlada no seu comportamento e forma de pensar porque todos ven os mesmos programas e aprenden o mesmo, co cal é unha forma de totalitarismo que aceptamos simplemente polo feito de que non nos pegan nin nos meten no cárcere.
  • Tania Young, presentadora do concurso de televisión “A zona extrema”. Neste caso é a autoridade de dito experimento e está totalmente en contra deste tipo de programas, chegando a afirmar que quen acepte presentar un concurso así non está no seu san xuízo.

Conclusión sobre o tratamento da información

O primeiro punto a tratar son as conclusións sobre o tratamento de información, cabe recordar que o pioneiro na realización deste experimento foi o científico Stanley Milgram en Yale para estudar o impacto da autoridade na obediencia da poboación. Este científico pretendía atopar unha resposta ao sometemento da sociedade civil durante o réxime NacionalSocialista de Hitler. Os resultados obtidos acadaron o 60%, pero a escenografía foi diferente, xa que o estudo foi realizado nun laboratorio científico. Os datos do estudo deron a entender que o 82% dos sometidos a decisión de propinar dano ou non, fixérono ata o final, como ben se explica no documental esta conduta implica o sometemento dunha franxa poboacional a unha determinada autoridade. Soamente un 18% dos participantes decidiron parar ante as súplicas e berros do actor que recibía as descargas, a pregunta que se formula é, o porqué. A resposta que outorgan os científicos ven relacionada cun proceso educacional ou outro, é dicir, para a toma dunha decisión coma esta non se trata dun proceso de sensibilidade biolóxica, é máis ben un aspecto cultural relacionado cunha especial sensibilidade racional.

Unha das características que presenta este experimento é o uso dun persoeiro públicamente recoñecido que se pon de parte da autoridade, desta maneira este persoeiro exerce mediante exhortacións unha forte presión sobre a conciencia do individuo presente a estudo. É por iso coa eliminación desta imaxe pública, observamos que os cambios nas reaccións dos participantes teñen un cambio drástico, ese 82% de persoas que continuaba ata o final vese reducido ao incrible porcentaxe do 25%, é por isto que dende a análise do documental proponse a seguinte pregunta, unha que non se lanza no propio produto audiovisual, Que poder de persuasión e convicción teñes os diferentes personaxes públicos que vemos na televisión tódolos días? Realmente esa debería ser a cuestión, é dicir, se calquera destas persoas se vendera a un sector hexemónico da poboación ou a calquera autoridade, poderíamos estar a falar dunha manipulación en masa moi ben encuberta.

Con respecto ás opinións vertidas, o primeiro análise ha de ser o de os científicos, eles formulan a repetición do experimento de Milgram dende o punto de ámbito televisivo, é por iso que se considera que a pantalla a que segundo se indica, se lle adican nove horas de media en Francia, sitúa o formato televisivo no segundo posto despois das horas de descanso. Chegados a esta primeira conclusión a opinión final tralo estudo, é a advertencia e concienciación da poboación do poder que exerce sobre nos a televisión e aqueles que se encargan de servírnola, xa non só iso, tamén é extrapolábel a tódolos ámbitos no que un grupo distinguido exerce unha determinada autoridade, véxanse os estados. En canto as opinións dos entrevistados varían segundo a súa decisión, os que foron ata o final sen ningún tipo de arrepentimento aseguraron saber que se trataba de algo falso, que había un actor e que esas descargas non eran reais, aqueles que dubidaron ben sexa nas descargas de 180 voltios ou nas de 320, mostraban un sentimento de pena e sentíanse mal polas decisións tomadas, neste grupo tamén se inclúen aqueles que decidiron continuar a causa dos niveis de exhortación, eles mostraban unha pena se cabe máis grande ante verse sometidos pola autoridade. O último grupo ocúpano aqueles que decidiron parar a proba, aqueles mantiveronse fieles aos seus credenciais e decidiron que o sufrimento era innecesario.

A opinión da interlocutora neste caso é a máis sinxela, “Calquera que se atreva a presentar un concurso coma este, ten un problema” con esa frase a presentadora do programa que exerce como mediadora entre a forza opresora hexemónica e a vítima a través de técnicas de exhortación, pretende disuadir e darlle a gran importancia que teñen os persoeiros públicos, esa carga é a gran responsabilidade sobre tódolos cidadáns.

Con respecto a opinión do grupo, todos coincidimos que si ben é certo que na gran maioría da poboación existe unha gran reticencia a hora de revelarse contra a autoridade, consideramos que como parte da sociedade educada con un ámbito cultural amplo, cunha sensibilidade polo humanismo diferente a causa do noso papel como comunicadores neste mundo, e poñéndonos na pel de interlocutores neste caso preciso, tomaríamos a decisión de rematar coa tortura da vítima se ningunha dúbida, e no caso de ter que enfrontarnos como presentadores a este programa, optariamos por renunciar ao cargo. Os motivos son sinxelos e a vez deberían entenderse como universais, os nosos dereitos rematan onde comezan os dos demais, neste caso prodúcese unha clara vulneración tanto física como psicolóxica dun individuo que pide en reiteradas ocasións e con insistencia que se deixe de alimentar a tortura á que esta sendo sometido. Está claro que o documental axuda a creación dunha opinión consensuada e desconfiada cara o cuarto poder, é certo que existe un tipo de concepción xeralizada e case diosificada de que os contidos que se ofrecen en televisión son completamente verosímiles ou polo menos contan co beneficio da dúbida, pero como periodistas a nosa visión debe ser diferentes, somos nós os primeiros que afirmamos que para que algo sexa máis ou menos certo precisa dun número de fontes —canto máis alto mellor—  para poder verificalo. É por isto que de tódalas mensaxes e asuntos que se tratan no documental, concluímos que é certo que exista unha determinada manipulación, como tamén o é que hai unha responsabilidade incrible no interlocutor, pero como ben demostran as excepcións é posíbel loitar contra a autoridade, ter un pensamento propio e loitar polos dereitos de cada persoa.

Antecedentes e experimentos similares

O experimento de Milgram permite medir o nivel que a autoridade exerce sobre un individuo. O xefe da investigación era J. Stanley Milgram. Realizouse na Universidade de Yale, nos EEUU. A idea xurdiu no xuízo de Adolf Eichmann, en 1960. Eichmann foi condenado á morte en Xerusalén por crimes contra a Humanidade durante o réxime nazi. El encargouse da loxística. Planeou a recollida, transporte e exterminio dos xudeus. Con todo, no xuízo, Eichmann expresou a súa sorpresa ante o odio que lle mostraban os xudeus, dicindo que el só obedecera ordes, e que obedecer ordes era algo bo. No seu diario, no cárcere, escribiu: «As ordes eran o máis importante da miña vida e tiña que obedecelas sen discusión». Seis psiquiatras declararon que Eichmann estaba san, que tiña unha vida familiar normal e varias testemuñas dixeron que era unha persoa corrente. Poñía a proba a indivíduos normais nunha investigación científica a cerca da memoria. Convocábase a dous suxeitos. Un deles tiña que responder a preguntas sobre unha lista de palbras que memorizara en un minuto. Nunha sala atábano a unha silla, e na boneca esquerda tería un brazalete eléctrico que castigaría cada erro. Canto máis se equivocase a descarga sería maior. O outro suxeito, noutra sala, era quen lía as preguntas e afectuaba o castigo. Pero esas descargas non existían, os gritos estaban gravados, e o suxeito do proxecto era o examinador, ata cando obedecía. O 62% seguían as instruccións, e Stanley Milgram demostrou así que se a autoridade é lexítima os individuos realizarán as súas ordes. Este experimento levouse á televisión para saber como se reaccionaría. En 1999, Thomas Blass, profesor da Universidade de Maryland publicou unha análise de todos os experimentos deste tipo realizados ata entón e concluíu que a porcentaxe de participantes que aplicaban voltaxes notables situábase entre o 61% e o 66% sen importar o ano de realización nin o lugar da investigación.

O experimento de Milgram repetíuse máis veces ao longo da historia, con variacións, para ver as diferenzas que existirían entre a primeira vez e as seguintes. Pero o caso que se coñece na vida real foi o que aconteceu de abril de 1995 a xuño de 2004, os “Strip Search Prank Call Scam”. Estesforon unha serie de enganos na cal traballadores de restaurantes de comida rápida en Estados Unidos recibían unha chamada de alguén que dicía ser oficial de policía, quen persuadía ás figuras de autoridade para espir e abusar sexualmente dos traballadores. O artífice obtivo un alto nivel de éxito ao persuadir ás vítimas para que realizasen actos que non realizarían en circunstancias normais. O principal sospeitoso destas chamadas, David R. Stewart, foi atopado non culpable no único caso que foi a xuízo ata agora.

Análise xeral de contidos

O documental que nos atinxe chámase “O xogo da morte”, que contén ademais un programa falso chamado “A zona exterma” para a demostración do experimento de J. Stanley Milgram. Tanto o experimento como o programa do documental tratan de demostrar a vulnerabilidade da mente humana fronte a unha autoridade que ela mesma considera máis ou menos lexítima. No documental, esa autoridade vén representada pola televisión, demostrando o que o ser humano é capaz de facer segundo as esixencias da programación e todo o entretemento que a rodea.

O experimento do documental está dirixido polo científico Jean-Léon Beauvois, que se rodea dun equipo de psicólogos coma Dominique Oberlé, profesor de psicología social en Paris, e Didier Coubert entre outros que non aparecen mencionados. Este equipo de científicos rodéase no ano 2009 de toda unha parrilla de produtores de programas de televisión para a adaptación ós nosos días do experimento de Milgram de 960. Este pretendía medir o grao de influencia que pode exercer unha autoridade sobre un ser humano á hora de que este fose obrigado a executar ordes que, nunha situación de normalidade e de total autonomía para obrar, non as executaría. O experimento foi ideado a partir do xuízo de Adolf Einchmann en 1960 en Xerusalén, condenado a morte por participar no holocauso xudeu do réxime nazi; o condenado afirmaba en todo momento que soamente executara ordes dunha autoridade, ademais de ser unha persoa completamente normal sen ningún tipo de trastorno que lle fixese apertar o sadismo nin o amor pola tortura humana.

O propio Milgram ideou o experimento, que consistía en que un examinador lle realizaría a outro suxeito unha serie de cuestións sobre unha lista de 27 palabras que tiña que memorizar nun minuto; se o examinado non acertaba, recibiría unha descarga eléctrica que cada vez sería maior segundo fora errando. Non obstante, o obxecto do experimento non era o examinado senón o examinador, posto que o que respondía ás preguntas non recibía unha descarga real, senón que os gritos de dor de cando se supoñía que recibía esta descarga eran simples gravacións; o examinador víase obrigado pola autoridade de Milgram (considerada lexítima) a proporcionarlle ó examinado descargas eléctricas de gran magnitude. O resultado do experimento foi que un 62% dos examinadores chegaban ata o final, o cal probaba que a maioría das persoas estarían dispostas provocar sufrimento ata límites de alto voltaxe sempre que llo mandasen.

Jean-Léon Beauvois e o seu equipo quixeron levar máis aló este experimento identificando como autoridade lexítima a todo o que comprende o mundo da televisión. Puxeron en marcha un programa falso, “A zona extrema”, para demostrar a influencia dos programas televisivos como autoridade que nos obriga a realizar actos que, en circunstancias normales e autónomas, non realizariamos. Todo o equipo movilizouse nun casting para a selección de 80 candidatos (entre uns 13.000 que se presentaran ó casting), que recibían instrucións previas nunha reunión co director do programa. Nesta reunión, ós 80 concursantes presentábanlles ó actor que faría de examinado, e mediante un sorteo trucado ó candidato tocáballe facer de examinador. Esta sería a primeira fase dun proceso da asimilación da autoridade, posto que é a primeira vez que se lle esixe que obedeza a proporcionarlle descargas eléctricas a Jean-Paul, o actor que facía de examinado.

O programa aparécese fronte ós concursantes como un concurso real coa tecnoloxía, o plató, a presentadora e un público entusiasmado; todo un entramado televisivo para o convencemento do concursante á sumisión que el considera lexítima.

O concurso ponse en marcha, e a medida que aumenta o voltaxe das supostas descargas (Jean-Paul tan só é un actor e as queixas eran gravadas) cando este falla, os concursantes van mostrando unha maior preocupación polo seu estado. Dos 80 examinadores, o 82% continuaron ata o final a pesares das dúbidas que puideron presentar nalgún momento; a súa continuidade foi determinada polas exhortacións continuas da presentadora, que chegaban ata 5 incluíndo unha chamada á opinión do público. O 18% restante dos examinadores plantáronse no transcurso do programa, pero existe unha diferencia na donduta dos que o fan na metade e os que o fan case ao final. Os que se plantan na metade do programa son os que mellor seguiron os seus valores sen ceder á autoridade da presentadora, calificando ó programa como inhumano. Os que o fan case ó final, teñen maiores dúbidas sobre se salvar unha vida paga a pena a pesares de arruínar un programa, aínda que finalmente o fan. Ademais, chegaba a un punto no que Jean-Paul deixa de contestar e de queixarse e aí afloraba o temor dos examinadores a que este tivese danos serios.

Pero a un grupo de concursantes mostróuselle unha variante do programa. Para eles, a autoridade representada por Tania Young desaparecía na metade do concurso e deixaba sós ós examinadores. Sorprendentemente, a eliminación desta imaxe e das súas exhortacións daba como resultado a redución do 82% ó 25% dos concursantes que seguían ó final, puidendo concluír a importancia da presentadora como autoridade.

Ben por plantarse ou por gañar o premio, ó final do programa a súa dirección reuníase co examinador para explicarlle que era un experimento. Ós que conseguiron plantarse dábanlle a noraboa por seguir os seus valores propios e non ceder a prácticas inhumanas ante a presión da autoridade televisiva. Máis interesantes eran as reaccións dos que seguiron ata o final, posto que a gran maioría expresaron que en ningún momento o criran porque a televisión sería incapaz de chegar ó límite de xogarse a vida dunha persoa; en cambio, tódolos examinadores, crírano ou non, mostraron nalgún momento unha actitude nerviosa chegando a rir ante a situación ou incluso a facer trampas (facilitándolle as respostas a Jean-Paul con cambios na entoación) para intentar evadir dalgunha forma a súa propia culpa, o cal demostra o nivel de nerviosismo que sentían porque, indudablemente, en ningún momento pensaran que era un programa falso.

A conclusión máis sorprendente á que chegaron Jean-Léon Beauvois e o seu equipo foi o alto nivel de obediencia que presentaba a audiencia televisiva fronte a autoridade deste mundo dos medios de comunicación. Neste contexto, puideron observar que a variación do experimento de Milgram levado ó mundo da televisión aumentaba o nivel de obediencia da sociedade a niveis que nos poderían chegar a preocupar, posto que un nivel semellante se acadara na sociedade alemana do nazismo, feito do que partía o estudo de Milgram.

O experimento demostra tamén a vulnerabilidade da sociedade fronte a unha autoridade considerada lexítima principalmente porque o ven como un compendio de entretemento, non como unha realidade violenta en si mesma que exerce un mandato agresivo. Esta exhortación camúflase co convencemento do examinador de que responde á súa propia vontade ó acudir ó programa, o cal lle fai seguir aínda máis as súas ordes. Todo isto nos demostrou a gran manipulación á que nos podemos estar sometendo nas sociedades contemporáneas do primeiro mundo como a francesa, obxectivo do experimento.

A manipulación de todo o conxunto de individuos pasa primeiro por un convencemento individual e a impotencia á que se sometían os examinadores ao enfrentarse eles sós ante a autoridade. Levando o exemplo á xeralidade da sociedade, pensamos que a revelación ante os mandatos dun superior é difícil de facer de forma individual polo sentimento de inferioridade ante este; soamente un conxunto de individuos poderían facerlle fronte. O problema xurde cando, desde medios como a televisión, camuflados como algo inofensivo e entretido, a manipulación é a nivel individual e directo.

Mapa Conceptual

O seguinte enlace enviaravos cara unha nova pestaña onde vos toparedes co noso mapa conceptual sobre o documental El Juego De La Muerte. Aparecerá cun pequeno tamaño, teredes que facer click nel, agardar a que apareza de xeito solitario na pantalla, fóra do marco de WordPress, e volver facer click para agrandalo. Despois adaptando o zoom poderedes ir investigando as súas diversas zonas.

Mapa Conceptual de Éche o que hai sobre o documental da tarefa 3

Bibliografía

BEAUVOIS, Jean-Léon. Profesor de psicoloxía social. Director do grupo de científicos que realizan o experimento a mediados de abril de 2009.

COURBET, Didier.  Científico participante no experimento. Director de investigacións no Instituto de Investigacións Científicas de Ciencias da Información e da Comunicación.

HIRSCHBIEGEL, Oliver. “El experimento” [en liña]. Alemaña, Typhon Film / Fanes Film, 2001.

JEANNERET, Yves. Profesor de ciencias da comunicación na Universidade de Aviñón.

LOISEAU, Christine. Documentalista.

MAILLARD, Elodie. Infografía.

MILGRAM, Stanley. Psicólogo da Universidade de Yale (EEUU). Realizou o experimento Milgram para estudar ata que punto os individuos son obedientes ante unha autoridade.

NICK, Christopher.”El juego de la muerte” [en liña]. Francia, Yami 2, 2010.

OBERLÉ, Dominique.  Profesor de psicoloxía social na Universidade de Paris.

YOUNG, Tania. Presentadora do concurso de televisión “A zona extrema” para a realización do experimento.

Anuncios

3 comentarios en “Tarefa 3: El Juego De La Muerte

  1. Falta documentarse sobre os científicos: quen son, que representan. Identificar fontes e ampliar datos desas fontes. Incluso informar sobre o guionista-productor, xa que del partiu a idea, e dos directores. Quizais elaborar unha ficha técnica do documental. Hai documentación bastante accesible de todo o equipo científico. Incluso, nos títulos de crédito, aparece una documentalista e un infografista (que aparecen na suposta bibliografía), que aportaron ao documental elementos importantes. O asunto requería unha ampla documentación e aparecen gráficos que aportan datos numéricos, importantes no desenvolvemento do relato.
    Conclusión: era a opinión crítica do que se falaba, do que se dicía, non exactamente a reprodución das palabras. Este relato debería estar no apartado dos contidos. Era averiguar como no documental se trataba o contido, dende o voso punto de vista, que aportaba de diferente ou de recurrente e como vos posicionabades. “a opinión da interlocutora é a máis sinxela”, quen é a interlocutora?
    Antecedentes e outros: Milgram, dalgunha maneira, ao desenvolver o experimento puxo en evidencia a posibilidade da obediencia fronte a autoridade no caso de Eichman (http://polis.revues.org/5923). Non hai máis experimentos. Só a cita de Thomas Blass
    Análise xeral dos contidos: ¿repetición?
    Bibliografía: non a entendo. ¿onde está Thomas Blass?
    Mapa conceptual: quizais moito texto. Non hai que reproducir todo.

    Me gusta

  2. Boas compañeiros!
    Tras a lectura da vosa entrada,dende mozasdodocumento cremos que fixéchedes un gran traballo.
    Quizáis a lectura do mapa conceptual resulta algo pesada xa que ten moito texto. Aínda así tanto o contido como a forma nótase que están moi traballados.
    Por último, cremos que no apartado de Antecedentes non só se debería citar o experimento de Milgram no que se basea o programa televisivo, senón outros como o experimento de Ash ou o da cárcere de Standford.
    Polo demais, mozasdodocumento felicítabos pola entrada :).

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s