Análise sobre Salvados: Debate Pablo Iglesias vs Albert Rivera

O grupo de ‘Éche o que hai’ considera que o programa de Salvados no que se desenvolveu o debate entre Pablo Iglesias e Albert Rivera foi bastante decepcionante. Partimos da base de que desde este programa adoitan emitir un contido de gran calidade, pero semella que esta vez a tarefa quedoulles algo grande e non souberon como enfocala.

En primeiro lugar queremos sinalar a falsa sensación de cercanía e humanidade que se trata dar co formato escollido. Camiñan polas rúas e o debate ten lugar nun bar, todo parece moi normal, moi común a calquera persoa, pero nós fixámonos en que todo é unha gran fachada con moi pouca realidade. O exemplo claro que poñemos nós é que o bar está practicamente baleiro, e os individuos que están nel non participan para nada no debate. Sitúanse nun sitio onde transmiten cercanía pero na práctica están afastados da xente, xa que ninguén pode intervir salvo eles, e ninguén ou case ninguén ten acceso ao bar. Un programa que supostamente presenta un formato novidoso non foi quen de recoller as cousas boas de vellos formatos, como a participación do público, que estes puidesen interpelar aos protagonistas. Sería perfecto encher as mesas do bar, e que os individuos que as compuxesen tivesen acceso a estes dous políticos mediante preguntas que os puxesen en apuros.

En relación a isto temos que falar da labor do presentador de Salvados, Jordi Évole, que foi deleznable. A diferencia do que sempre fan as masas, que poñen en problemas aos políticos cas súas preguntas, o señor Évole foi un cordeiro ante dous lobos. Notouse moito que estaba fóra do seu ámbito de reporteiro, que non está acostumado a dirixir debates, como si pode estalo unha compañeira del, Ana Pastor. Semella que estaba no programa por estar, a súa presencia era representativa pero carecía de significado xornalístico, porque abandonou a súa función de condutor do programa desde o principio, cedéndolla aos dous participantes, que se movían por onde querían. En ningún momento se atoparon presionados, e cando lles aparecía unha pregunta algo complicada non tiñan dificultades á hora de dar unha resposta con rodeos, xa que o señor Évole non insistía, era un suxeito pasivo. nun programa que reúne dous convidados deste calibre é de esperar que o presentador esté á altura e os poña contra as cordas en todo momento, que non poidan nin respirar e o debate se desenrole en asuntos de vital importancia, de forma concreta, e cercana.

Polo tanto concluímos que é un programa que está fóra liña de calidade que posúe Salvados, que pese ás boas críticas que xerou, para nós deixa moito que desexar, tanto polo papel que xogou Jordi Évole como pola falsa sensación de cercanía que se tratou dar. Un programa que se presentou coma novidoso pero que na realidade segue reproducindo todos os vellos esquemas, cun presentador pasivo e amable e cuns políticos fóra do alcance das cuestións do pobo.

Fontes:

ÉVOLE, Jordi (presentador, produtor executivo e director): Salvados, La Sexta, 18/10/2015 (http://www.atresplayer.com/television/programas/salvados/temporada-11/capitulo-2-cara-cara-albert-rivera-pablo-iglesias_2015101600412.html)

Anuncios

7 comentarios en “Análise sobre Salvados: Debate Pablo Iglesias vs Albert Rivera

  1. ¡Hola compañeros! Desde Documentacionpasic queremos dejar nuestra opinión sobre el programa de Jordi Évole.
    En cuanto al entorno, estamos de acuerdo de que se realizó de una manera un tanto falsa, ya que era poco creíble esa situación de estar hablando como si nada en un bar sin que nadie externo al programa estuviera allí presente. De todas maneras creemos que también sería un poco complicado plantearlo de otra manera, ya que estaría todo un poco más descontrolado.
    En cuanto a la actuación de Jordi Évole, creemos que fue correcta, con ese estilo tan suyo de realizar preguntas directas y con perspicacia. En nuestra opinión fue un debate claro y simple de entender para el espectador.
    ¡Un saludo!

    Me gusta

    1. Desde Documentándonos queremos, en primer lugar, felicitaros por el diseño de vuestro blog, resulta muy atractivo visualmente e incita a leer las entradas que semanalmente publicais.
      Centrándonos en el programa de Salvados, nos parece muy interesante el punto de vista que aportáis. Hay cosas que se nos habían pasado totalmente por alto y os damos las gracias por apuntarlas en vuestro trabajo. Por ejemplo, es verdad lo de que pese a ser políticos que apuestan por el cambio el formato no se orienta a este cambio, sino que elimina al público de manera descarada y pese a tratarse de preguntas no pactadas, Jordi Ébole formula unas cuestiones básicas que ambos candidatos más o menos podían ya esperarse y llevar preparadas. Lo realmente interesante, tal y como apuntáis, sería que fuese el público el que preguntase a modo de “Tengo una pregunta para usted” y pusiese en apuros a los líderes.
      La verdad es que habéis conseguido hacernos cambiar nuestro punto de vista sobre el programa.
      ¡Muy buen trabajo, chicos!

      Me gusta

    2. Grazas polo voso comentario. Plantexalo doutra maneira sería tan sinxelo como encher as mesas do bar e seguir un formato como o que se emprega en La Sexta Noche na sección La calle pregunta. En canto á actuación de Jordi Évole a nós pareceunos pasiva e permisiva.

      Saúdos!

      Me gusta

  2. A referencia de Salvados, efectivamente, está ben de acordo cos apuntes. Perdón polo erro. En todo caso, por favor, indicade entre parénteses o manual que usades para non meter a pata. Grazas.

    Me gusta

  3. “A diferencia do que sempre fan as masas, que poñen en problemas aos políticos cas súas preguntas”: as “masas” non parece que poñan moitos problemas aos políticos ou a determinados políticos nas elecións (dependendo como se entendan, claro)¡¡.

    Me gusta

    1. Pero como se pode observar na cita que vostede pon do noso texto, nós non falamos de eleccións, falamos de preguntas. Os factores que determinan un voto son innumerables, en cambio unha pregunta dun individuo a un político polo xeral vaile facer dano ou intentalo. Como podemos observar no formato da Sexta: La calle pregunta ou no antigo TVE: Tengo una pregunta para usted, onde máis dun político sufre e sufriu ante as preguntas dos cidadáns.

      Saúdos!

      Me gusta

  4. Muy buenas compañeros!
    Nosotros, no estamos de acuerdo en que el entorno provocase una falsa cercanía para el espectador ni que la mejor opción fuese hacer algo parecido a La sexta noche. Pensamos que Salvados acertó por su apuesta, primero por meterles la cámara en el coche, y después por pararse a hablar con un señor en medio de la calle junto a los dos líderes. Esos dos aspectos creemos que acercan a los candidatos a la “normalidad” que queremos en nuestros políticos. Por otra parte, el situar el cara a cara en un bar sin lujos y que se les vea hablar con el camarero y pedir los cafés también nos acerca.

    Un saludo!

    Enelpuntodemirablog.wordpress.com

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s