Traballo Reportaxe – Ángel Carro Grela

1. Introdución:

Título: O asalto aos ceos das mulleres chinesas

Tema/Asunto: O tema que escollín para a miña reportaxe foi o cambio de posición social das mulleres durante a Revolución Cultural Chinesa.

Contexto: Actualmente no Estado español enmarcámonos nunha sociedade capitalista que sustenta materialmente a opresión de xénero sobre a muller. No que vai de mandato do último Goberno as cifras de vítimas de violencia de xénero ascenderon até as 200, ademais de reactivarse o machismo entre as xeracións máis novas.

Asunto: É por iso que semella interesante estudar unha experiencia que tratou de rematar cas bases materiais do capitalismo e tamén cas ideolóxicas, polo tanto poñendo a opresión de xénero nunha situación de ampla debilidade, o cal se aproveitou durante a Revolución Cultural, na que as masas femininas protagonizaron grandes campañas para a súa emancipación.

2. Obxectivos:

-Xeral: Observar se durante a Revolución Cultural a muller chinesa mudou a súa posición social

-Específicos: Observar que tentativas e que métodos se empregaron para mudar esa posición social  (se é que se mudou), os avances con respecto a épocas anteriores a este proceso, e tamén valorar o contraste ca muller chinesa na actualidade.

3.- Xustificación da reportaxe:

Escollín esta reportaxe en primeiro lugar porque é un tema que persoalmente me interesa e no que me desenvolvo ben. Noutros aspectos tamén me pareceu axeitado, como polas súas características atractivas para o lector. Na situación que vive en España a muller actualmente, unha reportaxe sobre un proceso que tentou de mudar esa posición social do xénero oprimido é realmente interesante, ademais que polos termos empregados (Revolución) e polo país do que vén (China) ten factores exóticos, chamativos e noticiosos.

Xa noutro nivel paréceme clave o estudo desta experiencia para poder afrontar no futuro un proceso que sexa quen de aportar a forza suficiente ás mulleres para que se autoemancipen. Ver os erros e os acertos, facer unha análise crítica.

4.- Metodoloxía:

Estas son as distintas fontes que emprego na miña reportaxe, no paso por cada unha delas especificarei a súa utilidade, e no caso dos entrevistados as preguntas realizadas a cada un deles:

Documentos (libros, audiovisuais, textos en liña, etc):

AMPUERO, Pablo. “La modernización y sus problemas: una mirada a la Revolución Cultural china (parte 1)”. China Files, 17 de maio 2011. (http://china-files.com/es/link/10231/la-modernizacion-y-sus-problemas-una-mirada-a-la-revolucion-cultural-china-1) [Consultado: 10/10/2015]: Este artigo foi un bo punto de partida xunto cos libros para contextualizar todo o proceso e acceder a novas fontes.

AMPUERO, Pablo. “La modernización y sus problemas: una mirada a la Revolución Cultural china (parte 2)”. China Files, 20 de maio 2011. (http://china-files.com/es/link/10250/la-modernizacion-y-sus-problemas-una-mirada-a-la-revolucion-cultural-china-2) [Consultado: 10/10/2015]: Este artigo foi un bo punto de partida xunto cos libros para contextualizar todo o proceso e acceder a novas fontes.

BETTELHEIM, Charles: Revolución Cultural y organización industrial en China, Madrid, Siglo XXI Editores, 1976: A función deste libro é a de darlle un contexto a toda a reportaxe, coñecer como foi o período da Revolución Cultural en xeral, cal era o funcionamento das fábricas e a participación das mulleres nela.

BROYELLE, Claudie: La mitad del cielo, Madrid, Siglo XXI Editores, 1975: A función deste libro é a de coñecer todo o proceso de cambio de posición social das mulleres durante a Revolución Cultural desde un plano de primeira persoa e que da a coñecer testemuñas que participaron directamente no proceso.

CERNETIG, Miro e FREED, Josh (directores). China, la revolución sexual [En liña]. Canadá, Galafilm co CBC, 2008 (https://youtu.be/QYCq64CgPBM) [Consultado: 22/10/2015]: Este documental foi motivo do meu estudo debido en gran medida a que aportaba visións da Revolución Cultural no ámbito sexual moi diferentes das recollidas no resto de fontes. Ademais de ilustrar a situación actual das mulleres chinesas nese aspecto, o cal me resulta clave para marcar ese contraste entre épocas.

JIN, Xie (director). El destacamento rojo de mujeres [En liña]. China, Estudio cinematográfico de Shanghai Tian Ma, 1960 (https://youtu.be/SJ0MGUgH7i8) [Consultado:14/10/2015]: Esta película chinesa é clave para comprender as pretensións da ideoloxía maoísta e como reflicte no cambio de posición social da muller. As mulleres pasan de ser un suxeito pasivo a un suxeito activo que quere ser parte da Revolución e converterse nas portadoras do poder e do fusil.

LEYS, Simon: Los trajes nuevos del presidente Mao. Crónica de la Revolución Cultural, Barcelona, Editorial Tusquets, 1976: Este libro foi obxecto do meu estudo para coñecer unha visión sobre a Revolución Cultural bastante negativa e crítica, por parte dun dos poucos autores que se opuxo ao proceso.

ONESTO, Li. ‘Bai Di: Creciendo en la China revolucionaria’. Periódico Revolución, Número 162, 19 de abril 2009 (http://revcom.us/a/162/bai_di-es.html) [Consultado: 19/10/2015]: Esta entrevista ten moita importancia, pois é unha entrevista a unha muller e que ademais é testemuña da Revolución Cultural, ao que hai que engadirlle que Bai Di é unha estudosa do proceso.

PALACIOS, Marco. “Construcción socialista o restauración burguesa en la perspectiva de la Revolución Cultural china”. Revista de Estudios Sociales, Número 7, setembro 2000. (http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=81500703) [Consultado: 10/10/2015]: Outro exemplo de artigo que me serviu para coñecer un pouco máis do proceso desde unha visión bastante abstracta e xeral, alo clave antes de entrar en aspectos concretos.

Proyecto Pongamos las Cosas Claras. ‘Wang Zheng: “Teníamos un sueño de que el mundo podía ser mejor que hoy”’. Periódico Revolución, Número 59, 3 de setembro 2006 (http://revcom.us/a/059/some-of-us-es.html) [Consultado: 19/10/2015]: De novo outra entrevista vital para a reportaxe pois vólvese a tratar dunha testemuña da Revolución Cultural, que ademais tamén é un estudoso sobre o tema.

REVOLUTION BOOKS (directores). Rediscovering China’s Cultural Revolution/part1 Dongping Han. [En liña]. Estados Unidos (California, Berkeley), Revolution Books y Set the Record Straight, 2009 (https://archive.org/details/RediscoveringChinasCulturalRevolution1a.DongpingHan) [Consultado: 18/10/2015]: Esta charla sobre a Revolución Cultural e o libro de Dongping Han, Lo desconocido de la Revolución Cultural, é vital, pois narra toda a experiencia desde o punto de vista dunha testemuña directa da Revolución Cultural, que ademais participou moi activamente nela.

REVOLUTION BOOKS (directores). Rediscovering China’s Cultural Revolution/part2 Arts and Politics. [En liña]. Estados Unidos (California, Berkeley), Revolution Books y Set the Record Straight, 2009 (https://archive.org/details/RediscoveringChinasCulturalRevolution2a.ArtAndPolitics) [Consultado: 18/10/2015]: Testemuñas directas do proceso revolucionario e que ademais o estudaron, esta parte da charla supón un punto importante para comprender todas as viraxes que deu o proceso, desde como comezou até como rematou, pasando por momentos de ofensiva e replegue.

REVOLUTION BOOKS (directores). Rediscovering China’s Cultural Revolution/part3 International Impact. [En liña]. Estados Unidos (California, Berkeley), Revolution Books y Set the Record Straight, 2009 (https://archive.org/details/RediscoveringChinasCulturalRevolution3a.InternationalImpact) [Consultado: 18/10/2015]: Esta última parte da charla trata máis sobre o influxo revolucionario que se deu no mundo como consecuencia da Revolución Cultural que do propio proceso, pero isto tamén é importante para comprender o poder de influencia que ten un proceso deste calibre.

ROJAS, Robinson: China, una revolución en agonía, Barcelona, Ediciones Martínez Roca, 1978: Este libro é unha das mellores e grandes reportaxes sobre a Revolución china en tódolos ámbitos, de aí que tivera que ser estudada.

SAIZ, Amelia: Utopía y género: Las mujeres chinas en el siglo XX, Barcelona, Ediciones Bellaterra, 2001: A función deste libro foi dar unha visión de como o intento de emancipación das masas do xénero feminino rematou fracasando xunto co fracaso da experiencia revolucionaria chinesa.

SNOW, Edgar: China: La larga revolución, Madrid, Alianza Editorial, 1974: Este libro foi estudado en primeiro lugar porque foi escrito por un dos mellores historiadores sobre China, e en segundo lugar porque explica detalladamente cada paso da Revolución china.

VALLES, Jose Manuel: China contra Confucio y Lin Piao, Madrid, Editorial Ricardo Aguilera, 1975: Este traballo é clave porque mostra toda a campaña para desmontar a ideoloxía confucionista que bañaba toda China, ademais de incluír textos constitucionais que serviron para coñecer os recoñecementos lexislativos da muller nesa época.

VARGAS, Mario. “La batalla de un hombre solo”. El País, 31 de maio 2015. (http://elpais.com/elpais/2015/05/29/opinion/1432916049_367629.html) [Consultado: 11/10/2015]: Este artigo pareceume de gran importancia para a reportaxe para coñecer un pouco máis a figura e as ideas (contextualizadas) de un dos personaxes máis críticos co proceso revolucionario chino, Simon Leys.

WENHUA, Li (director). Rompiendo con las viejas ideas [En liña]. Produtor descoñecido, 1975 (https://youtu.be/VVRKPx0DaGY) [Consultado: 14/10/2015]: Esta película chinesa sirve para comprender as formas e os métodos cos que se trataba de romper co vello sistema, non trata propiamente o tema da muller, pero si que deixa entrever que toda a poboación traballa colectivamente e teñen os mesmos dereitos, sen excepcións e opresións.

– Actores cos que contactei: (non todos responderon polo de agora)

AMPUERO, Pablo. Columnista en China Files e co-fundador de China Coop. Licenciado en Historia con mención en Ciencia Política pola Universidade Católica de Valparaíso: Foi entrevistado o día 15/10/2015 vía correo electrónico. Os coñecementos dun estudoso da experiencia resultaban moi interesantes para a reportaxe. Nun primeiro momento falamos sobre as súas opinións sobre a Revolución Cultural nos aspectos político, ideolóxico, económico e cultural. Despois xa concretamos co seguinte pequeno set de preguntas:

1. ¿Realmente cambió la posición social de las mujeres?

2. ¿Qué métodos se emplearon para ello? ¿Únicamente la lucha de dos líneas, la confrontación frente a la línea burguesa ideológicamente, o también en la práctica hubo movimientos al respecto?

3. ¿Hasta qué punto fue efectiva la experiencia para superar el modelo patriarcal?

4. ¿Podríamos hablar de que se consiguió comenzar a romper con la familia monogámica burguesa?

ARTIAGA, María Aurora. Profesora na USC, na facultade de Historia imparte a materia ‘Sociedade, Poder e Ideoloxía en Asia e África contemporáneas’. Como docente desta materia, a cal se relaciona bastante ca miña reportaxe, pensei en trasladarlle un correo, no cal fago a petición de que me comentase as súas impresións sobre a Revolución Cultural e sobre o cambio, se consideraba que o houbera, da posición social da muller nela. Preguntada o día 15/10/2015 vía correo electrónico.

BAZ, María Jesús. Profesora na USC, na facultade de Historia imparte a materia ‘Sociedade, Poder e Ideoloxía en Asia e África contemporáneas’. Como docente desta materia, a cal se relaciona bastante ca miña reportaxe, pensei en trasladarlle un correo, no cal fago a petición de que me comentase as súas impresións sobre a Revolución Cultural e sobre o cambio, se consideraba que o houbera, da posición social da muller nela. Preguntada o día 15/10/2015 vía correo electrónico.

DONGPING, Han. Testemuña da Revolución Cultural, granxeiro e director dunha fábrica que producía colectivamente. Profesor de Historia en Warren Wilson College e autor do libro La Revolución Cultural Desconocida. Esta testemuña resulta clave posto que viviu nas súas propias carnes a experiencia ademais de estudala. Ao señor Dongping Han pregunteille sobre a súa propia experiencia como testemuña da Revolución Cultural e se puidera observar un cambio social na situación das mulleres. Preguntado o 18/10/2015 vía correo electrónico.

FARRES, Oriol. Docente de Estudios sobre Asia Oriental na Universidade Aberta de Catalunya e asistente do CIDOB. Partindo dos seus estudos e das súas actividades profesionais fíxenlle a petición de que me comentase as súas impresións sobre a Revolución Cultural e sobre o cambio, se consideraba que o houbera, da posición social da muller nela.

INSTITUTO CONFUCIO, de Bogotá. Organismo sen ánimo de lucro co obxectivo da ensinanza da cultura e do idioma chinés. Sendo unha institución de referencia en canto ao mundo chinés e contando con varios expertos na materia fíxenlles a petición de que me comentasen as súas impresións sobre a Revolución Cultural e sobre o cambio, se consideraban que o houbera, da posición social da muller nela. Ademais tamén lles pedín se podían ofrecerme unha forma de contactar co seu director, Enrique Posada Cano, testemuña da Revolución Cultural. Isto aconteceu o 16/10/2015 vía correo electrónico.

OLLE, Manel. Profesor de Historia e Cultura da China Moderna na Universidade Pompeu Fabra. Pola materia que imparte pensei que podería ser de axuda para a reportaxe, de aí que lle fixese a petición de que me comentase as súas impresións sobre a Revolución Cultural e sobre o cambio, se consideraba que o houbera, da posición social da muller nela. Consultado o día 15/10/2015 vía correo electrónico.

PALACIOS, Marco. Historiador e autor do artigo científico “Construcción socialista o restauración burguesa en la perspectiva de la Revolución Cultural china”. Tanto polo seu artigo como pola súa profesión era necesario que tratase de acceder a el e lle fixera a petición de que me comentase as súas impresións sobre a Revolución Cultural e sobre o cambio, se consideraba que o houbera, da posición social da muller nela. Petición feita o día 15/10/2015 vía correo electrónico.

POSADA, Enrique. Director Instituto Confucio de Bogotá e do coordinador do Observatorio Asia Pacífico. Testemuña da Revolución Cultural e autor do libro Testigo de China. Actor clave, tanto polo seu posto como director dunha insitución referente en canto a China, como por ser testemuña de toda a experiencia en cuestión. Ao señor Posada pregunteille sobre a súa experiencia persoal na Revolución Cultural e se puidera apreciar cambios, en xeral. Accedín a el o día 20/10/2015 vía correo electrónico.

REY, Ofelia. Profesora na USC, na facultade de Historia imparte a materia ‘Historia das mulleres e homes na historia’. Petición de que me comentase as súas impresións sobre a Revolución Cultural e sobre o cambio, se consideraba que o houbera, da posición social da muller nela.

RIOS, Xulio. Director do IGADI e do Observatorio da Política China.  Personaxe clave, tanto polos seus postos e traballos, que implican un amplo coñecemento sobre o xigante asiático, como polos períodos que residiu en China, nos que puido observar de primeira man a esa sociedade. Entrevistado o día 20/10/2015 vía Skype. Preguntas:

1. Vostede residiu en China, como avalía a súa experiencia no xigante asiático?

2. Nesa experiencia que viviu, que valoracións puido observar que fai o pobo chino sobre a Revolución Cultural?”

3. E que visión ten vostede sobre a Revolución Cultural?

4. Parte desa utopía era cambiar o papel da muller na sociedade. De que situación partía a muller en China antes da Revolución Cultural?

5. Que supón a Revolución para a muller chinesa?

6. Podemos falar de que se sentaron as bases para romper co modelo patriarcal?

7. Cree que a figura paternalista de Mao, co seu culto á personalidade, puido frear a emancipación da muller durante a Revolución Cultural?

8. Cal é a situación actual da muller en China?

9. No ámbito rural non se dan estes avances?

10. Como é, e como foi tratada a violencia de xénero en China?

SAIZ, Amelia. Docente do Grado de Estudos de Asia Oriental na UAB e autora do libro Utopía y género: Las mujeres chinas en el siglo XX. Como autora dun dos libros vitais nesta reportaxe, no que se mostran amplos coñecementos sobre o tema, resultaba trascendental poder contactar ca señora Sáiz. Set de preguntas enviado o día 25/10/2015 vía correo electrónico.

1. ¿Cuál era la situación de la mujer en China antes de la Revolución? ¿Y antes de la Revolución Cultural?

2. Durante la Revolución Cultural existieron grandes campañas a favor de la emancipación de la mujer, ¿tuvieron un efecto práctico?

3. ¿Hasta qué punto podemos hablar de que las mujeres adquirieron un peso político en ella?

4. ¿Cree que la figura paternalista de Mao frenó la emancipación de las mujeres?

5. ¿Qué métodos eran empleados para combatir la violencia de género y las concepciones ideológicas machistas? (si considera que los había)

6. Tras el fracaso de la Revolución Cultural, ¿existió una regresión en la situación de la mujer?

7. ¿Cuál es la situación actual de la mujer en China? Más que en términos legislativos en términos prácticos.

SET THE RECORD STRAIGHT. Páxina web composta por expertos no comunismo e na experiencia revolucionaria chinesa (http://thisiscommunism.org/ThisIsCommunism/Home.html). Era moi importante coñecer a posición deste grupo de expertos comunistas formados no tema da reportaxe ampliamente, que ademais posúen unha ampla rede de contactos que foron testemuñas do proceso. Foilles enviado un set de preguntas o día 19/10/2015 vía correo electrónico:

1. ¿Cuál era la situación de las mujeres en China antes de la Revolución Cultural?

2. ¿Hasta qué punto fue erradicada la violencia sobre la mujer? Tanto física como psicológicamente

3. ¿En qué proporción las mujeres asumieron la dirección de las fábricas o explotaciones agrícolas?

4. ¿Qué papel juegan los niños en la liberación de la mujer?

5. La posición ideológica burguesa para la que algunos trabajos sólo existen para los hombres y otros existen sólo para las mujeres, ¿hasta qué punto se ha eliminado?

6. El culto a la personalidad de Mao, promovido por el mismo para hacer frente a la línea de la derecha, ¿es una posición ideológica paternalista que frena la emancipación de la mujer?

7. ¿La mujer llega a tener un peso político importante durante la Revolución Cultural (toma de decisiones, la participación en comités)?

8. ¿El proceso de cambiar posición social se ha invertido en China después del triunfo de la línea derechista?

9. Si es así, ¿qué métodos se realizó para volver a la mujer a una situación de opresión?

WANG, Ban. Profesor de Literatura e Cultura chinesa na Universidade de Stanford. Autor do libro History in Modern China (Cultural Memory in the Present) . Testemuña vital tanto pola súa propia historia en relación ca Revolución cultural como polos seus estudos en torno a ela. Fíxenlle a petición de que me comentase a súa experiencia persoal en canto á Revolución Cultural china e as súas impresión tanto ao redor do proceso como da participación das mulleres nel. Foi feita o día 18/10/2015 vía correo electrónico.

WANG, Beatriz. Correspondente do xornal chino Renmin Ribao en Madrid. Xulio Ríos na entrevista que tiven o pracer de realizarlle, recomendoume contactar con esta correspondente, pois posúe un gran coñecemento sobre o tema da reportaxe, en especial en canto á actualidade. Polo tanto pregunteille sobre a situación da muller na China actual, para poder facer e coñecer ese contraste do que falaba ao principio. Foi consultada o día 25/10/2015 vía correo electrónico.

5.- Estrutura do traballo:

A estrutura escollida foi para a noticia reportaxeada unha entrevista ao director do IGADI e do Observatorio da Política China, Xulio Ríos, o cal ten varios libros publicados sobre o xigante asiático ademais de residir alí durante varios períodos.

En cambio para a reportaxe a estrutura pola que me decantei foi por darlle unha forma de novela. A partir dos datos e informacións que me aportaron as distintas fontes, e das testemuñas do propio proceso, decidín construír unha historia sobre unha personaxe feminina artificial baseada en varias persoas reais. Desde esta personaxe avanzo contando os distintos cambios que sufre na súa vida froito dos cambios políticos. Percorrendo desde unha situación previa á Revolución, até o período actual, pasando pola Revolución Cultural, onde a reportaxe é máis extensa.

6.- Bibliografía:

AMPUERO, Pablo. “La modernización y sus problemas: una mirada a la Revolución Cultural china (parte 1)”. China Files, 17 de maio 2011. (http://china-files.com/es/link/10231/la-modernizacion-y-sus-problemas-una-mirada-a-la-revolucion-cultural-china-1) [Consultado: 10/10/2015]

AMPUERO, Pablo. “La modernización y sus problemas: una mirada a la Revolución Cultural china (parte 2)”. China Files, 20 de maio 2011. (http://china-files.com/es/link/10250/la-modernizacion-y-sus-problemas-una-mirada-a-la-revolucion-cultural-china-2) [Consultado: 10/10/2015]

BETTELHEIM, Charles: Revolución Cultural y organización industrial en China, Madrid, Siglo XXI Editores, 1976

BROYELLE, Claudie: La mitad del cielo, Madrid, Siglo XXI Editores, 1975

CERNETIG, Miro e FREED, Josh (directores). China, la revolución [En liña]. Canadá, Galafilm co CBC, 2008 (https://youtu.be/QYCq64CgPBM) [Consultado: 22/10/2015]

JIN, Xie (director). El destacamento rojo de mujeres [En liña]. China, Estudio cinematográfico de Shanghai Tian Ma, 1960 (https://youtu.be/SJ0MGUgH7i8) [Consultado:14/10/2015]

LEYS, Simon: Los trajes nuevos del presidente Mao. Crónica de la Revolución Cultural, Barcelona, Editorial Tusquets, 1976

ONESTO, Li. ‘Bai Di: Creciendo en la China revolucionaria’. Periódico Revolución, Número 162, 19 de abril 2009 (http://revcom.us/a/162/bai_di-es.html) [Consultado: 19/10/2015]

PALACIOS, Marco. “Construcción socialista o restauración burguesa en la perspectiva de la Revolución Cultural china”. Revista de Estudios Sociales, Número 7, setembro 2000. (http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=81500703) [Consultado: 10/10/2015]

Proyecto Pongamos las Cosas Claras. ‘Wang Zheng: “Teníamos un sueño de que el mundo podía ser mejor que hoy”’. Periódico Revolución, Número 59, 3 de setembro 2006 (http://revcom.us/a/059/some-of-us-es.html) [Consultado: 19/10/2015]

REVOLUTION BOOKS (directores). Rediscovering China’s Cultural Revolution/part1 Dongping Han. [En liña]. Estados Unidos (California, Berkeley), Revolution Books y Set the Record Straight, 2009 (https://archive.org/details/RediscoveringChinasCulturalRevolution1a.DongpingHan) [Consultado: 18/10/2015]

REVOLUTION BOOKS (directores). Rediscovering China’s Cultural Revolution/part2 Arts and Politics. [En liña]. Estados Unidos (California, Berkeley), Revolution Books y Set the Record Straight, 2009 (https://archive.org/details/RediscoveringChinasCulturalRevolution2a.ArtAndPolitics) [Consultado: 18/10/2015]

REVOLUTION BOOKS (directores). Rediscovering China’s Cultural Revolution/part3 International Impact. [En liña]. Estados Unidos (California, Berkeley), Revolution Books y Set the Record Straight, 2009 https://archive.org/details/RediscoveringChinasCulturalRevolution3a.InternationalImpact [Consultado: 18/10/2015]

ROJAS, Robinson: China, una revolución en agonía, Barcelona, Ediciones Martínez Roca, 1978

SAIZ, Amelia: Utopía y género: Las mujeres chinas en el siglo XX, Barcelona, Ediciones Bellaterra, 2001

SNOW, Edgar: China: La larga revolución, Madrid, Alianza Editorial, 1974

VALLES, Jose Manuel: China contra Confucio y Lin Piao, Madrid, Editorial Ricardo Aguilera, 1975

VARGAS, Mario. “La batalla de un hombre solo”. El País, 31 de maio 2015. (http://elpais.com/elpais/2015/05/29/opinion/1432916049_367629.html) [Consultado: 11/10/2015]

WENHUA, Li (director). Rompiendo con las viejas ideas [En liña]. Produtor descoñecido, 1975 (https://youtu.be/VVRKPx0DaGY) [Consultado: 14/10/2015]

– Fontes cas que contactei: (non todas responderon polo de agora)

AMPUERO, Pablo. Columnista en China Files e co-fundador de China Coop. Licenciado en Historia con mención en Ciencia Política pola Universidade Católica de Valparaíso.

ARTIAGA, María Aurora. Profesora na USC, na facultade de Historia imparte a materia ‘Sociedade, Poder e Ideoloxía en Asia e África contemporáneas’.

BAZ, María Jesús. Profesora na USC, na facultade de Historia imparte a materia ‘Sociedade, Poder e Ideoloxía en Asia e África contemporáneas’.

DONGPING, Han. Testemuña da Revolución Cultural, granxeiro e director dunha fábrica que producía colectivamente. Profesor de Historia en Warren Wilson College e autor do libro La Revolución Cultural Desconocida.

FARRES, Oriol. Docente de Estudios sobre Asia Oriental na Universidade Aberta de Catalunya e asistente do CIDOB.

INSTITUTO CONFUCIO, de Bogotá. Organismo sen ánimo de lucro co obxectivo da ensinanza da cultura e do idioma chinés.

OLLE, Manel. Profesor de Historia e Cultura da China Moderna na Universidade Pompeu Fabra.

PALACIOS, Marco. Historiador e autor do artigo científico “Construcción socialista o restauración burguesa en la perspectiva de la Revolución Cultural china”.

POSADA, Enrique. Director Instituto Confucio de Bogotá e do coordinador do Observatorio Asia Pacífico. Testemuña da Revolución Cultural e autor do libro Testigo de China.

REY, Ofelia. Profesora na USC, na facultade de Historia imparte a materia ‘Historia das mulleres e homes na historia’.

RIOS, Xulio. Director do IGADI e do Observatorio da Política China.

SAIZ, Amelia. Docente do Grado de Estudos de Asia Oriental na UAB e autora do libro Utopía y género: Las mujeres chinas en el siglo XX.

SET THE RECORD STRAIGHT. Páxina web composta por expertos no comunismo e na experiencia revolucionaria chinesa (http://thisiscommunism.org/ThisIsCommunism/Home.html).

WANG, Ban. Profesor de Literatura e Cultura chinesa na Universidade de Stanford. Autor do libro History in Modern China (Cultural Memory in the Present) .

WANG, Beatriz. Correspondente do xornal chino Renmin Ribao en Madrid.

Ángel Carro Grela

Anuncios

2 comentarios en “Traballo Reportaxe – Ángel Carro Grela

  1. Título, non. Introdución, asunto e contexto mistura. Obxectivos, pouco concretos e ambiciosos e son para unha investigación moito máis ampla ¿xénero oprimido?. Xustificación, coñecemento a través de textos?. Metodoloxía, explicada e detallada. Fontes: hai que poñer todos os documentos sen diferencialos por soportes. Todo é documentación e hai que ordenar alfabeticamente todas as entradas, por que aparece [You tube], en realidade os corchetes son para indicar o soporte, neste caso en liña, pero xa non se ten que usar porque, ao incorporar a URL, identificamos que na rede.

    Me gusta

    1. Penso que xa quedou correxido todo o indicado. En canto ao que indica na xustificación non estou de acordo, o coñecemento empregado para a reportaxe non vén exclusivamente de textos, como pode observar nesta entrada contactei con numerosas personalidades que viviron esta experiencia e primeira persoa, ademais de estudosos sobre o tema.

      Saúdos!

      Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s