Tarefa 4: reportaxe de Mauro Bastón Piñeiro

Introdución

A ruinosa factoría de Massó Hermanos S.A. cumpriu neste 2015 vinte anos desde o seu abandono. A que fora empresa e fábrica modelo para España e Europa, hoxe non é máis que unha estrutura branca desgastada pola que os cangueses vemos pasar o tempo. Moitos homes pero, sobre todo, moitas mulleres traballaron aí, no que agora é unha estrutura en proceso de case descomposición. A reportaxe parte da incertidume do goberno local de Cangas sobre a utilidade que se lle pode dar á estrutura da fábrica despois dunha posible reforma. Vinte anos e cinco lexislaturas que barallaron opcións elitistas e innecesarias como a instalación dun porto deportivo, un centro comercial, un hotel… A poboación canguesa considera estas propostas unha falta de respecto á memoria histórica da fábrica de Massó, e avogan por utilizar o espazo para fins relacionados co pasado da conserveira. Pódese dicir que a reportaxe ten un protagonista colectivo, que é esa xeración ou xeracións de traballadoras da conserveira de Massó.

Obxectivos

Como obxectivo xeral, a reportaxe pretende dar unha visión feminina do que foi a marca e a factoría de Massó Hermanos S.A. en Cangas. Entrando en obxectivos máis concretos, pódese considerar unha especie de homenaxe que conta a historia máis ou menos conxunta das mulleres que, gracias á conserveira, puideron ter o seu primeiro contrato e soldo estable co que manter ás súas familias máis aló do traballo do campo e outras actividades tradicionais. Débese contar o seu día a día sen entrar en detalles, o longo camiño das súas casas ata a factoría, o trato que recibían por parte da dirección da empresa, problemas que tiveron coas cotizacións e as folgas… E, como remate, abordar os motivos do peche da empresa e da fábrica nos anos 90, que deron como resultado o estado actual da fachada.

Xustificación

A importancia que ten hoxe en día o tema é a controversia e a disparidade de opinións ou propostas sobre que facer coa estrutura da fábrica, pois desde hai vinte anos tódalas lexislaturas locais tiveron a mesma cuestión sobre a mesa e aínda hoxe segue sendo motivo de polémica en Cangas.

Outra razón pola cal o tema ten a súa importancia é polas escasas veces que a este colectivo feminino, que reúne a máis de mil mulleres na vila, se lle deu voz nos medios de comunicación. Ademais, persoalmente teño certa proximidade co tema, pois eu son de Cangas e de preto do lugar onde se atopa a factoría, ademais de que teño parentes próximos que viviron o traballo en Massó e incluso o seu peche.

Metodoloxía

Dado que é unha reportaxe centrada en experiencias persoais dunha serie de mulleres, a recollida de información baseouse principalmente en entrevistas realizadas con gravadora a ex traballadoras de Massó, que foron determinantes para a intención do reportaxe, que inclúe algunhas citas. A grandes rasgos, as preguntas realizadas foron:

  • De cando a cando traballou en Massó? Por que comezou e por que o deixou?

  • Cal era o seu día a día? Que horario tiña?

  • Tivo algunha vez outro traballo máis?

  • Tiña contrato? Cal era o seu soldo e como lle aportou á cotización? Tiña seguro?

  • Por que pechou Massó?

  • Cal cre que é a mellor utilidade que se lle pode dar á estrutura actual da conserveira?

  • Relacionábase coas demais mulleres? Tivo amigas?

  • Cónteme algunha anécdota que recorde do traballo na fábrica.

As entrevistas efectuáronse o día 15 de outubro de forma persoal nas vivendas das protagonistas para favorecer o trato con estas mulleres de aldea tras unha pequena consulta de dispoñibilidade por vía telefónica.

  • BASTÓN, Fita. Traballadora de Massó desde 1964 ata 1965 cando o salario do seu marido puido soster el só á familia. A súa experiencia noutras fábricas conserveiras da zona foi a que a levou a entrar na famosa marca Massó Hermanos S.A. As súas declaracións foron importantes na medida en que era unha desas tantas mulleres que vivían a kilómetros da fábrica e tiñan que ir camiñando tódolos días nun traxecto de polo menos 1 hora que ademais se facía máis duro no inverno e cos fillos ás costas; viviu ademais a implantación do servizo de transporte público da empresa Cerqueiro, que cambiou os desprazamentos dese grupo de mulleres. Ademais, do resto dos actores e fontes foi quen tivo maiores problemas á hora de ir ó médico e de coller as baixas por irregularidades coa encargada das cotizacións.

  • RIAL, Lourdes. Traballadora de Massó desde 1965 ata 1981 cando puido traballar pola súa conta como costurera. Foi unha voz da experiencia máis, que contou como ascendeu desde postos máis baixos ata postos medios cun soldo máis estable.

  • RIAL, Xosefa. Traballadora de Massó desde 1963 ata 1971. Comezou na fábrica por motivos da economía familiar tras abandonar a súa formación como xastre, e deixou o traballo ao mudarse a Vigo por motivos persoais. O seu cargo na fábrica foi o de apuntadora, sen moito esforzo, pois se dedicaba ó reconto da produción e das conservas efectuadas polas súas compañeiras.

  • RIAL, Xosefa. Traballadora de Massó durante 37 anos, entrou ós 17 nos postos máis baixos e duros tras traballar como servizo interno doméstico ata os 54 que se xubilou como veterana. A súa importancia é crucial na reportaxe, dado que foi o exemplo máis representativo de toda esa xeración de mulleres que traballaron desde xove ata o final da súa vida laboral e viviron a época dourada e a decadencia da empresa. Foi ademais unha das mulleres que conseguiron xubilarse e ter unha pensión minimamente decente pouco tempo antes do peche definitivo da empresa, polo que se pode considerar afortunada.

Para recoller información sobre a propia empresa e conserveira, busquei artigos de blogs turísticos da zona onde aparecía información sobre a familia Massó e a súa empresa ou incluso percepcións persoais sobre o antigo complexo industrial.

  • PORTELA, Gabriel. Artigo “Turismo industrial en Galicia: fábrica de Massó, historia y distribución, Cangas do Morrazo” para a web Escapada Rías Baixas.

http://www.escapadariasbaixas.com/blog/turismo-industrial-en-galicia-fabrica-de-masso-historia-y-distribucion-cangas-do-morrazo/

O artigo, feito en maio de 2015 polo técnico en turismo e asesor turístico Gabriel Portela, aportou unha visión do antigo complexo industrial, hoxe en ruínas. Tras unha breve historia da familia Massó e da empresa, realiza un percorrido polos edificios que hoxe se conservan (en estado deplorable) explicando o que foron no seu momento.

  • RUBIO, Teresa, y otros. Artigo “Fábrica de Conservas y Factoría Ballenera Massó” para a web Gentes del Mar.

http://gentesdelmar.es/patrimonio-cultural-pesquero/industrias-conserveras/galicia-masso/

Trátase dun artigo feito sobre a empresa e a súa historia nunha web dedicada ó patrimonio cultural e natural que conta ademais co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. A información aportada polo artigo, ademais do mal estado das instalacións de Massó (que xa o puiden comprobar eu mesmo de primeira man), pasa pola historia da familia Massó e da propia empresa, facendo fincapé nos últimos anos da empresa.

Para contrastar estes datos atopados na internet, decidín acudir ó Museo Massó situado en Bueu, municipio limítrofe de Cangas. Tras varios intentos fallidos de contactar coa dirección do museo a través de chamadas telefónicas e mediante correo electrónico, decidín presentarme persoalmente no museo, onde puiden visitar as instalacións o día 15 de outubro para recoller información e, ademais, entrevistar coa gravadora á directora en busca de máis datos.

  • LÓPEZ, Covadonga. Licenciada en Historia da Arte e Técnica Superior en Museos, actual directora do Museo Massó de Bueu desde 2010. Preguntas realizadas:

    • Que significou tanto a familia Massó como a empresa Massó Hermanos S.A. para a comarca do Morrazo?

    • En que ano se instalou a familia e de onde veu?

    • En que ano se inaugura o complexo industrial de Cangas?

    • Que produtos se trataban principalmente na conserveira?

    • En que radicaba o éxito económico da familia e da empresa?

    • Por que a importancia do traballo feminino dentro da empresa?

    • En que ano e por que pechou a empresa?

    • Cal foi o papel dos sindicatos na empresa de Massó? Foi unha das causas do peche?

Foron consultados tamén varios artigos de xornais sobre o tema:

Estrutura da reportaxe

A noticia reportaxeada, cunha vertente máis informativa, comeza cunha primeira páxina introdutoria do tema a tratar que inclúe ademais unha cabeza de titulación composta por antetítulo, título e subtítulo e unha foto de portada coa fábrica de Cangas no seu estado actual. O primeiro parágrafo consiste nunha pequena historia de como a empresa chegou a montar o complexo industrial ás aforas de Cangas. Nos parágrafos seguintes centreime nas experiencias e testemuñas persoais desas mulleres á vez que describía así o traballo e a historia na conserveira. O texto aparece reforzado con citas entrecomiñadas das ex traballadoras, que son un piar da noticia reportaxeada. O peche da peza realízase contando o final da empresa nos anos 90 e, para rematar, volve a recoller trazos da introdución para redondear o traballo, ademais de inclúe una reflexión sobre a importancia da conservación da fábrica e da memoria histórica de tantas mulleres da vila de Cangas que esta recolle.

Na reportaxe, optarei por darlle máis protagonismo ás mulleres de Massó e ás súas declaracións, contando unha historia desde un plano máis literario e utilizando maior cantidade de citas para apoiar o texto e as experiencias vividas polas traballadoras na conserveira. Así, toda a importancia radicaría nestas protagonistas e nas súas testemuñas á vez que se deixa claro que se efectuaron entrevistas como foco principal da reportaxe. Nunha primeira introdución faría unha presentación do tema e da situación da fábrica conserveira na actualidade, ademais de presentar ás protagonistas dos feitos e indicar que tódalas citas e experiencias expostas a continuación pertencen a elas, que forman unha voz común imprescindible para a reportaxe. No peche, rematarei co carácter literario pechando a historia para volverme centrar no estado actual da estrutura e nos interrogantes que o seu futuro deixa abertos.

Fontes

BASTÓN, Fita. Ex traballadora de Massó desde 1964 a 1965.

Carbajo, Primitivo. “La decadencia de Massó”. El País, 9 maio 1995.  <http://elpais.com/diario/1995/05/09/economia/799970410_850215.html&gt; [Consulta: 16 outubro 2015]

Leiro, Xaime. “Cangas confía en tumbar el puerto deportivo de Massó”. El País, 12 maio 2015. <http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/cangas-confia-tumbar-puerto-deportivo-masso/idEdicion-2010-05-12/idNoticia-546148/&gt; [Consulta: 16 outubro 2015]

Llera, Luís Carlos. “El patrimonio industrial de Massó se cae a pedazos tras 20 años cerrado”. La Voz de Galicia, 12 abril 2015. <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/cangas/2015/04/12/patrimonio-industrial-masso-cae-pedazos-tras-20-anos-cerrado/0003_201504V12C10991.html&gt; [Consulta: 16 outubro 2015]

Llera, Luís Carlos. “Las ruinas de Massó se convierten en un peligro para los viandantes”. La Voz de Galicia, 8 abril 2015. <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/cangas/2015/04/08/masso-peligro-viandantes/0003_201504V8C8991.html&gt; [Consulta: 16 outubro 2015]

LÓPEZ, Covadonga. Licenciada en Historia da Arte e Técnica Superior en Museos, actual directora do Museo Massó de Bueu desde 2010.

Portela, Gabriel. “Turismo industrial en Galicia: fábrica de Massó, historia y distribución, Cangas do Morrazo” [en liña]. Escapada Rías Baixas. <http://www.escapadariasbaixas.com/blog/turismo-industrial-en-galicia-fabrica-de-masso-historia-y-distribucion-cangas-do-morrazo/> [Consulta: 15 outubro 2015]

RIAL, Lourdes. Ex traballadora de Massó desde 1965 a 1981.

RIAL, Xosefa. Ex traballadora de Massó desde 1963 a 1971.

RIAL, Xosefa. Ex traballadora de Massó desde 1958 a 1995.

Rubio, Teresa, y otros. “Fábrica de Conservas y Factoría Ballenera Massó” [en liña]. Gentes del Mar. <http://gentesdelmar.es/patrimonio-cultural-pesquero/industrias-conserveras/galicia-masso/> [Consulta: 15 outubro 2015]

Anuncios

2 comentarios en “Tarefa 4: reportaxe de Mauro Bastón Piñeiro

  1. Título, non. Introdución, asunto e contexto. Obxectivos, definidos. Xustificación, concreta. Metodoloxía, explicada e clara. Fontes, aquí non aparecen as fontes persoais, aquí só se recollen as fontes documentais, que ten que haber máis das que se propoñen no guión: http://elpais.com/diario/1995/05/09/economia/799970410_850215.html, e noticias nos xornais sobre a situación son moitas, incluso parece que hai un vídeo.

    Me gusta

    1. Desculpe que non comprenda o que me quere dicir con “título, non”. O resto coido que está ben redactado e concretado.
      E si, hai moitos artigos sobre o tema que xa lles teño botado unha ollada, pero o link dábame problemas á hora de pegalo no post porque logo non se abrían, como o seguinte: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/cangas/2015/04/12/patrimonio-industrial-masso-cae-pedazos-tras-20-anos-cerrado/0003_201504V12C10991.htm
      Non obstante, grazas pola súa aportación, que a terei en conta como corrección.

      Saúdos.

      Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s