Tarefa 4. Sheyla Bermúdez Lista

Guión da noticia reportaxeada

Introducción

A noticia reportaxeada trata de informar sobre os terremotos leves que houbo na Costa da Morte durante o mes de outubro. Tamén intenta indagar sobre os efectos que tivo na poboación dos lugares nos que se produciron os sismos.

Obxectivos

Esta noticia ten como obxectivo principal informar ao lector de que se sentiron varios terremotos leves en diversos puntos da Costa da Morte, como foi Laxe e varias zonas da Comarca de Fisterra. Preténdese produndizar no tema e averiguar se se produciron danos e incluso informar de se  debemos preocuparnos ou tomar algún tipo de medidas nesta zona de Galicia polo acontecido.

Xustificación

A zona da Costa da Morte é parte de min e por iso quería realizar unha noticia reportaxeada sobre un tema relacionado con ela, para poder logo facer unha reportaxe sobre os distintos lugares que abrangue e a súa historia acompañándoos de fotos. Decidín escoller o tema dos terremotos porque é un tema que afecta a varios puntos da zona e pretendía investigar para averiguar se houbo danos, se é raro que se sintan tantos sismos en tan pouco tempo, se os notou a maioría da poboación ou foron case imperceptibles.

Metodoloxía

A noticia reportaxeada trata de investigar sobre os terremotos da Costa da Morte e para iso decidín buscar as noticias que falaban sobre iso en varios xornais para saber cantos foron, a magnitude e os lugares nos que se produciron entre outras cousas. Logo tamén fixen varias preguntas a algún dos habitantes de esos lugares: se notaron algo do terremoto, se causou danos… Ademais informeime en algunha web sobre o que eran os sismos e sobretodo os sismos leves.

Estrutura do traballo

A noticia reportaxeada primeiro informa sobre os distintos sismos, logo aparecen reflexadas as distintas percepcións da poboación nos diferentes lugares nos que se sentiron os sismos e finalmente infórmanos sobre a actividade sísmica na comunidade galega.

Fontes (APA)

  • Estévez Cimadevila, Francisco Javier (coord). ¿Qué es un terremoto ? Grupo de Estructuras Arquitectónicas (GEA) Grupo de Investigación. Recuperado de  http://www.udc.gal/dep/dtcon/estructuras/ETSAC/Investigacion/Terremotos/QUE_ES.htm
  • Galicia registra tres terremotos leves en la pasada noche (2015, 10 de outubro). Faro de Vigo. Recuperado de: http://www.farodevigo.es/galicia/2015/10/10/galicia-registra-tres-terremotos-leves/1329312.html
  • Longueira, Toni. (2015, 15 de outubro). Un seísmo de 2,7 se dejó sentir esta noche en la Costa da Morte. La voz de Galicia. Recuperado de http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2015/10/15/seismo-27-dejo-sentir-noche-costa-da-morte/00031444906312690619565.htm
  • Los terremotos. Astronomía. Recuperado de http://www.astromia.com/tierraluna/terremotos.htm
  • Nuevo terremoto de intensidad 1,7 en el Atlántico frente a la Costa da Morte (2015, 12 de outubro). La voz de Galicia. Recuperado de http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/10/12/nuevo-terremoto-intensidad-17-atlantico-frente-costa-da-morte/0003_201510G12P6996.htm
  • Un terremoto de 3,2 frente a la Costa da Morte se sintió en Fisterra. ( 2015, 10 de outubro). La voz de Galicia. Recuperado de: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/fisterra/2015/10/10/terremoto-32-grados-frente-costa-da-morte-sintio-fisterra/0003_201510C10C6995.htm

Anuncios

Un comentario en “Tarefa 4. Sheyla Bermúdez Lista

  1. Título, non. Introdución, asunto sen contexto, con obxectivo. Obxectivos, imaxino que se publicou nos xornais, así que hai algún obxectivo que xa se coñece. Xustificación, obxectivos e motivación persoal. Metodoloxía, imprecisa, aquí hai que describir que fontes documentais e persoais se van consultar; é dicir, con quen imos falar e que xornais/noticias imos consultar, e neste caso falar con alguén, por exemplo, co instituto xeográfico. Fontes: en APA os nomes se converten en iniciais, hai que poñer datas, hai puntos de separación entre as distintas partes e os sitios soen ir en cursiva e nas URLs hai que facer que sexan enlaces. Primeira entrada non está ben. Faro de Vigo hai autoría Ep (Europa Press), é La Voz de Galicia… Ningunha URL ten enlace.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s