Periodismo es publicar lo que alguien no quiere que publiques – Reflexións dos compoñentes do blog

Ángel Carro Grela:

A miña reflexión sobre o artigo de Ramón Lobo en InfoLibre estrutúrase en dous puntos:

En primeiro lugar teño que comezar pola afirmación de que a función dos xornalistas é poñer en apuros aos mandatarios, publicar o que non queren que se publique, ser independentes. O problema que vexo que xorde aquí é sinxelo de relatar. Nunha sociedade na que os medios de comunicación, e os seus individuos que os compoñen, exercen como correas de transmisión do poder e dependen del para subsistir, é imposible exercer unha función de contrapoder ou independencia desde calquera das posturas de xornalismo empregadas na actualidade. Algúns dirán que isto é mentira, que hai xornalistas e medios de comunicación que representan o cuarto poder, que destapan tramas de corrupción, que lle fan fronte aos mandatarios, ben, eses xornalistas e medios non fan outra cousa que representar outra fracción do poder existente, diferente á que goberna ou domina actualmente. Aínda que son moitos aos que lles provocará gargalladas este esquema que vou propoñer, ou o verán ridículo, é a realidade imperante en toda a sociedade, en especial nos medios de comunicación, e precisamente o seu poder estrutural baséase en que é visto de forma ridícula:

Os grandes medios, como El País ou La Razón, representan ás fraccións da burguesía monopolista, dominantes nesta etapa do capitalismo, exercen como as súas correntes de transmisión, desde este medios é bastante frecuente atopar ataques entre a fracción burguesa monopolista progresista e a conservadora, representadas políticamente no noso Estado polo PSOE e PP respectivamente e económicamente polas grandes empresas e bancos. Tamén existen ataques cara a pequena burguesía política, cara Cidadáns (fracción conservadora da pequena burguesía) e Podemos (fracción progresista da pequena burguesía), e cara a pequena burguesía económica, PYMES. Estes ataques collen a forma concreta de destapar tramas de corrupción, recoller escándalos do poder, xustificalos, atopar calquera dato prexudicial para a outra fracción, etc. Pero estes ataques están todos enmarcados nunha loita entre o propio poder. A crise do 2008 supuxo un aumento do poder da burguesía monopolista no detrimento da pequena burguesía, ante isto fraccións da pequena burguesía citadas anteriormente gañaron poder mediático. Isto débese a que este sector da poboación quería recuperar a parte do poder perdida durante a crise, para isto  botouse ás rúas e tamén á rede, creando novas formas de facer xornalismo, que perforaban continuamente entre a fracción dominante. Claros exemplos poden ser os medios ElDiario.es ou InfoLibre.

Pero repito, en ningún momento este tipo de actividades supoñen un contrapoder, supoñen ataques entre o propio poder. Os medios ou o xornalista que pon en apuros a un partido político ou ao mandatario non o fai co obxectivo de rematar co poder, senón de que o seu estrato social posúa máis parte do poder. Cada medio actual representa unha correa de transmisión para cada unha das fraccións do bloque de clases dominantes. Non existe unha independencia, é imposible, os medios de comunicación son empresas, as empresas no capitalismo débense ao beneficio, a financiación sexa pública ou privada ven de certos sectores sociais, que buscan influencia en toda a poboación. A publicidade, os malos contidos, os virais, non son máis que formas de subsistencia e imbricación necesarias, igual que os extensos e pedantes contidos de JotDown, todo responde  a un beneficio, a unha alienación necesaria para o poder. Que os novos medios representen a sectores que non posúen tanto poder como os que representan os vellos medios, non significa que supoñan un novo poder ou un contrapoder, todo o contrario, representan o mesmo poder desde unha óptica que quere optar a máis.

Polo tanto a afirmación e a petición do señor Lobo carece de sentido, os xornalistas non somos seres superiores o unha profesión abstracta no mundo, respondemos ás construcións sociais de cada época, un xornalismo que non rompe, representa ás fraccións do poder existentes, sexan máis ou menos potentes, en ningún momento é independente, tampouco representa un contrapoder, nin o pon en apuros, o poder está intacto, só sufre loitas internas.

En canto ao segundo punto poida que sexa un pouco máis complexo. O segundo punto de reflexión toma como referencia o momento no que o señor Lobo lle bota a culpa á sociedade por non rebelarse fronte aos malos contidos, fronte aos publireportaxes, fronte as noticias falsas, fronte ao ‘mal facer’ dos vellos medios. Como xa dixen anteriormente os contidos dos novos medios serán máis traballados ou bonitos, pero a súa función é a mesma, facer fronte ás outras fraccións do mesmo poder e imbricar á sociedade, continúa sendo parte da mesma cultura dominante. A sociedade sen un vigor, sen unha teoría revolucionaria que chegue desde fóra e revolucione a súa propia conciencia en sí, non pode facer nada fronte á cultura dominante. Unha cultura do flash, unha cultura que aínda que escriba moito, é un flash, permítenos ver, pero non nos permite coñecer, é a cultura guiri de viaxe express, de ver en dous días unha cidade, quedarte cas imaxes, cas fotos, e non coñecer a cidade, o mesmo cos contidos xornalísticos, as masas, pese ao seu incuestionable poder, están imbricadas baixo esta corrente dominante, se non se enfrontan ao poder é pola carencia desa teoría da que falaba anteriormente. Só cando a posúan poderán romper con esta cultura do flash, contra as información de 20 páxinas nas que non se di nada, contra eses virais deleznables e outras formas concretas desta tendencia que tanto dano fan na poboación.

Como conclusión final situaría o problema do señor Lobo en considerar aos xornalistas e ao xornalismo como algo eterno, como algo cunha función eterna, unha óptica totalmente metafísica: a verdade, a independencia, a liberdade, a obxectividade, etc. Non son máis que paradigmas que sempre van responder ante a cosmovisión do mundo da clase dominante do momento, non son entes abstractos que perviven no tempo e son iguais exerza quen os exerza. O xornalismo como contrapoder só será o pobo en armas e revolucionado ou non será, unha serie de burócratas filisteos con artimañas literarias e ‘boas intencións’ nunca representarán os intereses máis que do poder existente.

Adrián Álvarez Martínez:

Cursaba cuarto de la ESO, en la clase de tecnología el profesor le daba al ‘play’ en un viejo VHS que contenía la película ‘Germinal’. Aunque la película tiene un trasfondo proletario y narra la revolución industrial, el hecho de que se le nombre es meramente literario. Ese día en clase, el profesor explicó que en las primeras salas de cine, no era raro ver de vez en cuando a un espectador salir de la proyección, el porqué, un viejo de tren de carbón que se aproxima más y más hacía un público que no sabe muy bien lo que pasa, pero que lo primero que piensa es que su vida está en peligro.

De esa limitación ideológica a un nuevo formato como el cine, hasta la actual, con el periodismo, no existe ni un paso, ni medio. Como bien se dice en el documento, esta nueva vía de acceder a información de forma totalmente gratuita, ha cambiado durante años y años, la forma de pensar de los ciudadanos. Mas la queja contra poderes políticos u otros entes de alta influencia, no representa más que la llanto de un niño al que su madre le niega un caramelo, una de las cosas que no se nombra en el texto es que, una parte muy importante de la financiación de algunos medios de comunicación proviene precisamente de un poder político, y como es de comprender, ese mandamás no va a lanzar piedras contra su propio tejado. Los culpables están al otro lado de un espejo, si bien es cierto que en esta era la información es, o quieren que sea gratuita, la ‘pseudolibertad’ no lo es, y esto es un hecho. Aquel que desee un contenido determinado o con un enfoque concreto, que lo pague, el que desee que se hable de lo bien que van las cosas en un determinado país, que lo pague, aunque sea de forma indirecta. Como dice el dicho, cuando la limosna es grande, hasta el santo desconfía, y el espíritu crítico es algo que ha perdido —o está perdiendo—  el mal llamado ciudadano de a pie. Si no les gustan los libros, cómanselos, pero de ninguna manera se permite un sollozo al que fue cobarde por decisión, el que no quiere saber es porque en el sofá de su casa está más cómodo tragando papilla masticada que disfrutando del poder ‘ilimitado’ de algún cerebro. Los implicados están en el espejo, como estaban en Germinal, aunque el malo en aquel caso era el patrón, y aunque en este caso a los ‘patrones’ se les vea también como a tiranos, los culpables siguen siendo los mismos.

El camino hacia la pseudolibertad informativa no es otro que el dinero y la pluralidad de medios, si a esto se le junta una postura crítica del lector, los beneficiados somos todos. Fue un proceso de evolución ideológica no abandonar a gritos de pánico las salas de cine, igual que lo fue la revolución industrial o el formato digital, todos son avances con postulados a favor y detractores, pero en lo que todos coincidimos es que la información, no puede ni debe ser gratuita.

Sheyla Bermúdez Lista:

A raíz da lectura do texto, podemos falar de que a poboación na actualidade non confía realmente nos medios de comunicación, non cre o que lles estamos a contar. En verdade non me extraña, pois a meirande parte dos medios, antepoñen os seus intereses económicos ao dereito que teñen os cidadáns a recibir información. Os xornalistas pasan incluso por riba dos seus valores e publican cousas coas que non están de acordo, moitas veces porque se ven presionados polos propios xefes ou porque se deixan de publicar certas cousas perderían o traballo. Ademais, xa non é só eso, senón que os propietarios de moitos medios vense obrigados a publicar informacións facilitadas por políticos ou altos cargos que lles interesa máis aos políticos para o seu beneficio, que aos propios xornais, radio ou televisión.

Co paso do tempo, a poboación volviuse máis desconfiada cos medios, cuestionando todo o que lles contaban e por iso, neste momento están a crearse diversos medios libres, nos que non deberían aparecer nin a ideoloxía nin as ideas do informador nin moito menos informacións interesadas, tanto a nivel económico como político. Por suerte, os lectores valoran esta nova forma de informar e non se deixan engañar con calquera cousa que len, aínda que polo de agora todo o mundo prefire a información gratuíta e non pagan por ler o xornal, algo que é bastante preocupante porque de esa maneira, o xornalismo tan só se ve recompensado coa publicidade que fai a medios interesados, e iso pode traerlle problemas cos seus lectores.

Un xornalista debería ser honesto e antepoñer a verdade ante todas as cousas e informar. Debería ter uns valores e non ignoralos baixo calquera situación e sobretodo contar a verdade, a información sen mezclala coa súa opinión, e sobretodo, contar todo tipo de información, que poida ter interés nese momento e nese lugar.

Mauro Bastón Piñeiro:

“Xornalismo é publicar aquilo que alguén non quere que publiques. Todo o demais son relacións públicas”. Esta é a frase do escritor George Orwell que recolle Ramón Lobo no artigo para ilustrar, na súa opinión, a actualidade da práctica xornalística. De cara ó público, o xornalismo goza hoxe dunha fama minguada polas prácticas de complicidade cos poderes públicos, os partidos políticos e os sectores económicos, de forma que lles fan de voceiro para estar presentes na opinión pública. Podemos tachar isto de propaganda e relacións públicas, que nada teñen que ver cun xornalismo auténtico baseando na transmisión de feitos veraces. Non obstante, tampouco considero que a afirmación de Orwell na que se basea o articulista sexa de todo certo, pois paréceme unha postura extremista, se cadra tan perversa como a postura criticada.

Para empezar, como estudante de xornalismo aprendín, e penso que de xeito acertado, que o noso traballo debe ser a transmisión de datos e feitos veraces cara un público interesado no tema; todo o que saia desta premisa é xornalismo lixo e propaganda de poderes externos á propia información. A día de hoxe, todo o sistema social se atopa condicionado polos poderes políticos e económicos, canto máis o xornalismo debido ó poder da información. Grupos políticos e empresas coñecen este poder e ven nos medios unha oportunidade de darse a coñecer e aparecer na opinión pública, e moitos o conseguen a base de favores que cumpren a xornalistas de poucos escrúpulos e pouco respecto ó seu traballo, á información e ó público, que cada vez ten unha maior desconfianza no oficio.

O poder da información pode facer que estes poderes se interesen en estar no punto de mira, mais a nosa labor debería ser facer caso omiso e tratar de ser independentes a eles na medida en que se poida, posto que supoñemos que os medios precisan sobrevivir economicamente; pero nunca se debería mesturar isto con información. Porén, a nosa labor como xornalistas tampouco debe ser a práctica agresiva utilizando a información como arma. Este arma poderá usarse, pero non temos por que tela sempre cargada coma se se tratase do noso traballo. Repito que a transmisión de información veraz, afecte a quen lle afecte e da maneira que lle afecte, é a nosa meta, sen caer na utilización da información integramente para o desenmascaramento, pois constituiría unha influencia externa que nos faría desviarnos na meta informativa. De tódolos xeitos, a película ‘Truth’, citada por Ramón Lobo, non se opón totalmente ó afirmado por George Orwell, pois a información conseguida sobre George W. Bush se atopaba contrastada con fontes que confirmaban a súa aparente veracidade (independentemente de que logo se destruísen), o cal daría lexitimación á súa publicación. Isto sería un xornalismo agresivo de veracidade e desenmascaramento dos poderes, pero non ten por que constituír a nosa meta.

En conclusión, o xornalismo actual está influenciado como o estivo sempre, pero se cadra a manipulación é maior debido á conciencia dos poderes sobre a utilidade da información. Pero isto non xustifica a utilización desta para outros fins que non sexan informar, pois todo o que poida acontecer trala publicación dun feito veraz e contrastado non é cuestión que atinxa ó xornalismo, que xa realizou o seu traballo. Polo tanto, nin considero que o xornalismo deba ocultar información prexudicial para os poderes que o manteñen, nin penso que George Orwell acerte na súa afirmación sobre un xornalismo de agresividade que soamente publique o que alguén non quere que se publique; non deberiamos limitarnos ó que Orwell defende, senón servir a unha sociedade que demanda boa información para a formación dunha opinión con boa base.

Noelia Castaño Gosende:

O principal traballo dun xornalista é facer chegar á sociedade a actualidade. Esta, nunca debería estar condicionada por factores ou intereses secundarios e externos. A función do xornalista é facer que todo iso que non se quere que se saiba, que interesa que se siga mantento en aparente “segredo”, os trapos sucios, saian á luz e estean ao alcance de todos. 

Non considero que os xornalistas sexan os culpables da situación de desconfianza actual, na que se antepoñen os intereses políticos e económicos ante o verdadeiramente relevante. O primeiro batacazo co que se atopa un estudante desta carreira é nos primeiros días da facultade, cando chega ilusionado e cas mellores das súas intencións de cambiar o mundo, de facer chegar a todos as verdadeiras noticias importantes, de sacar á luz toda a corrupción e os incompetentes políticios que nos gobernan. Pero a primeira cousa que lle deixan moi clara é que se olviden, que isto non funciona así, o mundo é  mais complicado do que aparenta. O xornalismo está movido por unha serie de intereses que impoñen os que teñen o poder, os que teñen o diñeiro. Eses son os verdadeiros culpables da situación do xornalismo actual.

En conclusión e coñecendo moi  pouquiño o mundo no que nos movemos, considero que ningún xornalista estuda e se forma para logo no seu traballo mentir e tapar as verdades, pero desgraciadamente é o que está ocurrindo. Ou estás cos donos dos grandes imperios e lles sigues a corrente, ou estás en contra deles, e nesta posición non tes saída.

Fontes empregadas por todos:

LOBO, Ramón. “Periodismo es publicar lo que alguien no quiere que publiques”. InfoLibre, 28 de outubro 2015. (http://www.infolibre.es/noticias/opinion/2015/10/28/periodismo_publicar_que_alguien_quiere_que_publiques_39941_1023.html) [Consultado: 3/11/2015]

Anuncios

5 comentarios en “Periodismo es publicar lo que alguien no quiere que publiques – Reflexións dos compoñentes do blog

  1. ¡Hola compañeros!
    Posiblemente la población no confíe en los medios de comunicación a día de hoy porque no se les ofrece la verdad.
    A día de hoy los políticos controlan los medios de comunicación y más que ayudarnos nos perjudican gravemente. La manipulación en los medios de comunicación no es de ahora pero si que ha crecido en los últimos años.

    Un saludo,

    Aquellarrexor.

    Me gusta

    1. Non entendemos moi ben a túa pregunta, nin hacia quen dos compoñentes do grupo vai dirixida. Pero tomándoa en conxunto creemos que os maiores interesados nun xornalismo ben desenvolvido son os individuos, a poboación, xa que a información é clave na vida diaria para a toma de decisións moi importantes e resolutivas.

      Me gusta

  2. Yo creo que el periodismo bien desarrollado es el que le interesa a la inmensa mayoría, que son los ciudadanos. Ya que el poder ejercido por los grupos que controlan los medios, provoca el no cumplimiento de uno de nuestros derechos fundamentales, el de información. Así, no recibimos una información honesta y contrastada. Sino, una interesada y subjetiva. Y mientras a los trabajadores en los medios les importen más los números del share que el conocimiento de sus espectadores, las cosas no mejorarán.

    Un saludo!
    Enelpuntodemirablog.wordpress.com

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s