Traballo de investigación

A evolución do galego no século XXI

 

Introdución

A investigación recolle estudos realizados sobre o uso do galego nos últimos anos e trata de amosar os resultados do uso desta lingua en persoas de distintas idades, para así ver a evolución deste idioma ao longo do século XXI e chegar a unha conclusión entre todos os membros do grupo. Consideramos que o galego se está a perder e que é moi importante que non continúe así esta situación, xa que as linguas todas son necesarias. Por este motivo decidimos realizar a investigación, e poder afondar no asunto para chegarmos ata os motivos desta falta desuso  do idioma.

Obxectivos

Xeral

Con esta investigación o noso obxectivo é coñecer en profundidade a situación actual do galego e a súa evolución ao longo do século XXI basándonos en estudos referidos a estes últimos anos.

Específico

A partir das enquisas, dos estudos e das entrevistas, intentaremos responder á pregunta “que lle deparará o futuro á lingua galega?” E intentaremos determinar se se chegará a perder o idioma e nese caso que se podería facer para promover o galego, como a realización de actividades oficiais neste idioma

Metodoloxía

Para este traballo decidimos consultar varios estudos xa publicados maioritariamente polo IGE sobre o uso do galego do ano 2013, sobre a evolución da porcentaxe de persoas segundo a lingua na que falan habitualmente, a porcentaxe de persoas segundo o idioma que falan en Galicia e o uso dos medios de comunicación do galego diferenciando entre sexos, entre provincias, en idades…

Logo decidimos facerlle enquisas a rapaces de entre 6 e 14 anos para ver o idioma no que falaban, pero non puidemos levalo a cabo porque os directores dos colexios non nos deixaron.

Tamén contactamos con varios filólogos entre os que se atopan Jose Luís Forneiro, Elías Torres Feijóo, Ana Boullón, María Álvarez De La Granja, Ramón Mariño Paz, Anxo Tarrío, Francisco Cidrás, Dolores Vilavedra e os cales nos responderon as seguintes preguntas:

– Como considera que foi a evolución do emprego do galego na sociedade no que vai de século?

– Cal é o futuro do galego se continúa ca tendencia actual?

Outro dos métodos que decidimos empregar foi difundir unha enquisa online en Facebook, os nosos contactos e estes á súa vez a outros contactos seus para que chegase ao maior número de participantes posibles. As preguntas das que consta o cuestionario son:

1- Considera que os nenos cada vez falan máis castelán?

2- Que lingua lle fala aos nenos pequenos se toma a iniciativa na conversa?

3- Que lingua falan os nenos do seu entorno?

4- Que lingua emprega habitualmente?

Por último contactamos con Fernando Ojea, director de comunicación da CRTVG, para coñecer o impacto e a influencia do grupo no uso do galego. Fixémoslle as seguintes cuestións:

– Como considera que foi a evolución do emprego do galego na sociedade no que vai de século?

– Cal é o futuro do galego se continúa ca tendencia actual?

– Como responsable de Comunicación na CRTVG, viu unha reacción cambiante das audiencias ante os medios de comunicación en galego nos últimos anos? No caso de que a resposta sexa afirmativa, cales son as causas que baralla vostede como causantes dese cambio?

– Como valora o papel formativo da CRTVG (en canto ao emprego do galego) na sociedade galega nos últimos anos?

– Por que podemos atoparnos películas de gran calidade, e que noutras canles venden como ‘O Peliculón’, na TVG2 de madrugada, e non na canle principal nun horario de prime time?

– Son suficientes os recursos cos que conta a CRTVG?

– A que se debe o cambio dos contidos infantís á segunda canle? Por que se deixou de apostar por debuxos animados con forte impacto nos nenos (como no seu momento Dragon Ball ou Shin Chan)? Non considera que esta pasividade no ámbito dos máis pequenos é prexudicial para a lingua?

O estudo

O primeiro dos estudos consultados corresponde ao ano 2013. Consiste na segmentación por persoas que saben falar galego segundo a súa idade.

Columna1 Moito Bastante Pouco ou nada Total
De 5 a 14 anos 40,08 37,22 22,7 100
De 15 a 29 anos 60,27 27,9 11,83 100
De 30 a 49 anos 59,14 27,11 13,74 100
De 50 a 64 anos 56,39 29,8 13,82 100
De 65 ou máis anos 59,73 31,39 8,87 100
Total 57,31 29,62 13,07 100

A evolución que podemos observar neste primeiro documento é dende o punto de vista do grupo, preocupante. Dende as franxas máis baixas en idade obsérvase unha caída no uso do galego, é máis, mentres que as franxas de 15 a 65 ou máis anos rondan o 60 por cen, a primeira quincena de idade so alcanza o 40. Unha das entrevistadas para o contraste e documentación deste traballo foi María Álvarez De La Granja, a filóloga confirma os datos acadados e amplía a información sobre o tema.

“O máis preocupante, na miña opinión é que, a medida que baixa a idade dos enquisados, redúcese tamén o nivel de emprego do galego (por exemplo, no 2013, no grupo de poboación de 65 ou máis anos, o 52,74% declara falar sempre galego, mentres que esa mesma resposta só e fornecida polo 13,20% da poboación situada entre 5 e 14 anos). Unha apreciación persoal: no colexio dos meus fillos, en Vigo, colexio público, non coñezo ningún rapaz que empregue o galego como lingua habitual cando menos na escola (había unha, pero pasou xa ao instituto, e non era ningún dos meus fillos, pese a que eu sempre lles falei en galego)” (Entrevista 2015).

Pero unha das respostas que sen dúbida compartimos coa especialista, é a súa argumentación á pregunta “Cal é o futuro do galego se continúa coa tendencia actual?”

“Se continúa coa tendencia actual, as matemáticas cantan. Se cada vez se fala menos, e sobre todo se a xente nova cada vez fala menos galego, o futuro non é moi alentador. Pero sendo conscientes disto, tamén debemos selo de que a situación pode mudar e de que trasladar unha visión catastrofista á sociedade non serve de moito. Evidentemente, os poderes políticos teñen un papel fundamental na recuperación do galego e os medios de comunicación (aí tócavos a vós) xogan un papel importantísimo (xa o teredes oído moitas veces, pero canto ben lle fixo ao galego o Xabarín…)” (Entrevista 2015)

Adentrándonos no uso cotiá desta lingua, continuamos co estudo da seguinte táboa, que nos fala da xente que usa habitualmente o idioma de Galicia:

Columna1 En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre Total
De 5 a 14 anos 13,2 11,91 27,79 47,09 100
De 15 a 29 anos 19,78 16,91 29,66 33,64 100
De 30 a 49 anos 23,07 20,9 26,62 29,42 100
De 50 a 64 anos 35,42 24,22 18,85 21,52 100
De 65 ou máis anos 52,74 21,08 12,38 13,8 100
Total 31,2 20,29 22,26 26,25 100

Se na primeira táboa os datos eran reveladores, na seguinte as sospeitas xeralizadas confírmanse. Un de cada dous cativos recoñece falar sempre castelán, mentres que se nos desprazamos ao outro lado da táboa, un de cada dous anciáns falan soamente en galego. Os datos sofren unha variación tan palpable, que estamos a falar dunha diferencia da noite ao día, variación que se fai máis real a medida que pasan os anos, como podemos observar nos seguintes datos que mostran a evolución da porcentaxe de persoas segundo a lingua na que falan a diario.

 En Galego Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre Total
2003 2008 2013 2003 2008 2013 2003 2008 2013 2003 2008 2013 2003 2008 2013
De 5 a 14 anos 27,1 15,26 13,2 13,23 20,87 11,91 25,5 34,28 27,79 34,17 29,59 47,09 100 100 100
De 15 a 29 anos 28,49 18,59 19,78 17,25 24,37 16,91 28,72 31,58 29,66 25,55 25,47 33,64 100 100 100
De 30 a 49 anos 36,63 22,06 23,07 20,17 26,59 20,9 21,39 26,87 26,62 21,81 24,48 29,42 100 100 100
De 50 a 64 anos 51,16 34,26 35,42 21,91 32,67 24,22 13,42 17,3 18,85 13,51 15,77 21,52 100 100 100
De 65 ou máis anos 66,11 52,9 52,74 15,76 25,6 21,08 7,6 10,52 12,38 10,53 10,98 13,8 100 100 100
Total 43,2 30,29 31,2 18,32 26,73 20,29 18,83 22,7 22,26 19,66 20,28 26,25 100 100 100

Nesta tabla que recolle datos do 2003, 2008 e 2013; podemos apreciar unha baixada moi pronunciada do uso exclusivo de galego, dun 27,1% ata o 13,2% de 2013 (nos nenos de 5 a 14 anos), descenso de máis do 50%, e o caso non é aislado, vese en tódalas franxas. Como era de esperar, ao outro lado da táboa o uso do castelán crece en tódalas ramas de idade, especialmente nos máis pequenos.

Outro dos expertos aos que consultamos foi o profesor Ramón Mariño Paz, que expresou a súa opinión ao respecto:

“De continuar coa tendencia actual, o galego persistirá como unha lingua que camiña, por unha banda, pola vía da ritualización polo seu mantemento en determinados usos públicos (políticos, educativos, institucionais…), mais tamén pola perda constante de falantes nos contextos da coloquialidade, especialmente entre a xente nova e urbana” (Entrevista 2015)

Precisamente, alonxándonos dese uso público do galego, procedemos a estudar o uso do galego no ámbito familiar durante o ano 2013.

O 41,68% dos galegos que teñen fillos fálalles en galego sempre, o 31,66% sempre en castelán, o 15,06% máis castelán ca galego e o 10,10% máis galego ca castelán. No tocante aos fillos, cabe destacar que arredor do 37% fala sempre en castelán cos seus proxenitores.

Columna1 En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre Outras situacións Columna2
Nai 39,25 6,96 13,98 37,34 2,47
Pai 38,55 7,73 13,74 37,33 2,65
Avós 39,54 9,85 13,71 34,25 2,65
Fillos 41,68 10,1 15,06 31,66 1,49
Irmáns 43,98 7,73 11,23 34,92 2,13
Parella 43,42 7,68 12,49 35,03 1,39

Se o estudo é marcante en tódolos apartados, o estudo do uso no eido familiar é máis ben por arrastre. Ao fin e ao cabo todos estamos suxeitos ao que se fale na casa dende pequenos, é por iso que os valores mantéñense máis ou menos distintas e equilibrados con respecto ás outras táboas. O que sí se pode concluir e que a carencia do galego é máis presente de cara ao público, posto que neste resultado o galego imponse nalgúns tipos de relacións interpersoais coma a de parella. Ramón Mariño comenta o problema do galego, e cal debería ser a intervención que debería levarse a cabo:

“Ao meu modo de ver, Galicia necesita, en conxunto, fixar a súa poboación nova no seu propio territorio, necesita, por tanto, afrontar seriamente o grave problema de crise demográfica; e, canto á lingua, fanse necesarias políticas que permitan a todos, e especialmente á xente nova, facer as súas vidas fundamentalmente en galego se é iso o que desexan facer: por tanto, hai que ofrecer moito máis ocio en galego, máis publicidade en galego, máis traballo en galego…. En definitiva, o galego debe ter unha presenza pública moito máis relevante e constante” (Entrevista 2015)

E para o análise do uso do galego no ámbito social, procedemos co estudo da seguinte táboa, que sen dúbida, presenta datos esclarecedores, todos eles pertencentes ao 2013.

Columna1 En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre Columna2
Amigos 33,1 17,63 20,82 28,46
Comerciantes 27,56 19,48 22,99 29,96
Médicos 26,62 17,64 21,51 34,24
Profesores dos seus fillos 22,94 18,86 22,75 35,46
Persoal da administración 28,27 21,34 21,03 29,36
Persoal da banca 28,74 17,58 19,31 34,37

Os resultados máis esclarecedores deste documento son os que presentan os profesores dos seus fillos, se ben se pode situar no ámbito das relacións discriminatorias ao galego na sociedade, o principal motivo polo que é reveladora é o seu carácter de cara á educación dos máis pequenos. Situados no porcentaxe máis baixo de tódalas variables, os docentes son os primeiros responsables dos primeiros pasos en galego de moitos nenos, así o reflexa unha declaración conxunta realizada por tódolos departamentos lingüísticos das universidades galegas.

“É da nosa responsabilidade velarmos por que as futuras xeracións de tituladas e titulados, amplamente formadas, poidan continuar a ofrecer a súa contribución ao futuro da sociedade galega nun contexto globalizado, onde quen amosar unha condición ben articulada entre o global e o local vai dispor dunha estratéxica posición de vantaxe de incalculábel valor. Por iso mesmo, tendo en conta os diferentes datos estatísticos recentemente publicados sobre o uso e transmisión da lingua galega e o panorama social e político do país no último lustro, vémonos na obriga de mostrar a nosa profunda preocupación pola situación actual e polo futuro da lingua e da cultura galegas” (Ferreiro, Cidrás e Baltrusch. 2015)

É por iso e malia que o futuro non semella brillante, o comunicado conclúe.

“A lingua galega ábrenos ao mundo, sitúanos nun contexto global de oportunidades e constitúe un valor económico duradeiro e de extraordinaria relevancia. Mais, para podermos tirar proveito desas vantaxes e seguir sendo donos da nosa identidade, os poderes políticos teñen que actuar con afouteza e apostar decididamente pola normalización lingüística, emendando todo o que for preciso a liña de actuación política nesta materia e cumprindo as súas obrigas legais” (Ferreiro, Cidrás e Baltrusch. 2015)

Pero, quen son os responsables de comunicalo todo en galego? Nós, os xornalistas, é por iso que na seguinte gráfica estudamos o uso do galego nos medios de comunicación no ano 2013.

Columna1 En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre Total
Ver a televisión 2,8 17,09 56,21 23,9 100
Escoitar a radio 4,14 11,84 44,19 39,84 100
Ler a prensa 0,84 2,89 35,52 60,76 100
Ler libros 0,8 3,98 37,24 57,99 100
Navegar por internet 0,68 1,74 23,63 73,95 100

Aínda que a televisión mostre un 17 por cento a situación é crúa, a gran pluralidade de medios en español confronta coas case únicas opcións coas que conta o galego (TVG, VTelevisión), é por iso que a búsqueda, e sobre todo o achegamento ás novas xeracións galegas é fundamental. Así o pensa Ernesto Xosé González Seoane, o filólogo expresa a súa inquedanza co porvir do galego e pide unha reacción ao goberno.

“Se non se produce unha reacción, está claro que as perspectivas non son boas. Non me gustaría ver o galego convertido nunha lingua convencional e litúrxica, empregada de xeito formal nalgúns actos e celebracións, nin tampouco na lingua dun grupo definido pola súa extracción social ou pola súa ideoloxía ou adscrición partidaria. Debemos ter claro que se queremos que o galego sobreviva dignamente ten que ser sentido como propio por parte de toda a sociedade galega, mesmo daquelas persoas que se expresan habitualmente en castelán. En todo caso, penso que estamos aínda en tempo de reconducir a situación. O primeiro paso sería, sen dúbida, reconstruír un consenso básico entre todas as forzas políticas e, o que sería máis importante, en toda a sociedade. Pero para iso resulta imprescindible que os grupos políticos sexan capaces de actuar con altura de miras, pensando no futuro a medio e longo prazo” (Entrevista 2015)

As conclusións ofrecidas polos expertos non deixan a  ninguén indiferente, pero inquedos polo futuro da nosa lingua, procuramos a nosa propia investigación, é por iso que baixo a formulación de catro preguntas ofrecidas a continuación, esperamos resolver tódalas dudas existentes e tachar de preocupante a situación actual de noso idioma.

A primeira delas foi “considera que os nenos cada vez falan máis castelán?” O 82,1% respondeu que si, mentres que o 17,9%  negouno.

Primeira pregunta

Outra das preguntas as que se tiveron que enfrontar os nosos participantes foi “en que lingua lle fala aos nenos se toma a iniciativa na conversa”? O 50,7%  en galego, en castelán  o 25,4%, o 22,4% ambas e outros o 1,55%.

Foto 2

A terceira pregunta tratábase de “que lingua falan os nenos do seu entorno”? O 26,9% respondeu maiormente galego, o 44,8% maiormente castelán, o 3% só galego, 7,5% só castelán, ambas 17,9% e outras 1,5%.

Foto 3

A derradeira das preguntas a contestar foi “que lingua emprega habitualmente”? O 22,7% só galego, 9,1% só castelán, 31,8% maiormente galego, 24,2% maiormente castelán, ambas por igual o 1,5%.

FOTO 4
Esta enquisa contou con máis de 240 entrevistados, os cales sumaron máis de 1200 respostas. Malia que sería a nosa intención publicar a súa totalidade, o servicio web utilizado só permite ver as 350 primeiras respostas debido a unha suscripción limitada.

Tamén caben destacar as respostas que nos deu o director de comunicación da CTRVG, Fernando Ojea. Nelas adxuntou un documento n que se fai balance da contribución da CRTVG á normalización do galego, o cal nos pareceu bastante importante. Pero se algo temos que salientar é a resposta á pregunta sobre os contidos infantís:

“Non compartimos a idea de pasividade na programación infantil. Todo o contrario, esta programación aumentouse radicalmente, ao pasar de 9 a 70 horas semanais nos últimos seis anos. Unha vez máis cando se fala de forte impacto habería que referirse a produtos audiovisuais de primeiro nível que non sempre son accesibles para unha televisión de servizo público, pero en todo caso prográmanse producións de alta calidade, mesmo algunha galega, e este ano chegouse a un acordo con Dreamworks para emitir diversas series de animación que xa veñen precedidas por éxitos nos cines.” (Entrevista 2015)

Como vemos existe unha queixa, que tamén se deu noutras cuestións en torno aos recursos cos que conta o grupo, pero a tendencia é aumentativa do contido en galego dedicado para os máis pequenos, o que os fai pensar que realmente non se está a perder o galego debido a un desprazamento de contidos infantís no idioma, como Xabarín Club, senón debido a outro motivos.

Os datos obtidos son resolutivos, a comparativa con outros anos mostra a gran decadencia a que se enfronta a lingua de Galicia, un paseo cara a desaparición do que ninguén quere tomar responsabilidade algunha, ou facer algo para detelo. Pero aínda que ese sexa o camiño que pronuncian os expertos, a verdadeira carga recae en cada un de nós, ninguén ten que sentirse mal ou obrigado a falar galego, soamente se pide a mesma importancia e presenza nos medios coa que conta o castelán, e iso non depende de nós, é cousa de gobernantes.

Apéndice

Aproveitamos este punto para expoñer a discusión de temas que levamos a cabo. En primeiro lugar pensamos na violencia de xénero, pero despois soubemos que as testemuñas e as fontes non podían ser anónimas, algo complexo neste tema, así que o descartamos. En segundo lugar pensamos no efecto dos recortes nos descapacitados, pero esta vez, semellounos un tema demasiado amplo e sensible como para tratalo en tan pouco tempo. En terceiro lugar, e dando un viraxe, pensamos en ver o efecto do Xabarín Club na sociedade galega, máis pensamos que era un tema que non daba moito de si, por iso o rexeitamos. Despois pensamos no galego na actualidade entr os nenos pequenos, pero a negativa dos centros escolares a realizar enquisas fixo que ampliásemos o tema e désemos ca nosa escolla: “A evolución do galego no século XXI”.

Bibliografía

Galicia. Plan xeral de normalización da lingua galega. Diario Oficial de Galicia, 22 de xaneiro de 2005.

Galicia. Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización. Diario Oficial de Galicia, 14 de xuño de 1983, núm 84, pp. 1-7

González González, M. (dir.): O galego segundo a mocidade. Unha achega ás actitudes e discursos sociais baseada en técnicas experimentais e cualitativas. A Coruña, Real Academia Galega, 2003

González González, M. (dir.): Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Volume I. Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña, Real Academia Galega, 2007

González González, M. (dir.): Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Volume II. Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña, Real Academia Galega, 2008

González González, M. (dir.): Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Volume III. Actitudes lingüísticas en Galicia. A Coruña, Real Academia Galega, 2011

Instituto Galego de Estatística. “Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente. Datos por sexo”. [en liña] INE. <http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=2954&R=4%5Ball%5D;1%5Ball%5D;0%5Ball%5D&C=3%5Ball%5D;2%5Ball%5D&F=&S=998:12&SCF=&gt; [Consulta: 12 novembro 2015]

Instituto Galego de Estatística. “Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente. Datos por lingua na que lles falaban os seus pais cando eran nenos”. [en liña] INE. <http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=2959&R=0%5Ball%5D;1%5Ball%5D&C=2%5Ball%5D;3%5Ball%5D&F=&S=998:12&SCF=&gt; [Consulta: 12 novembro 2015]

Instituto Galego de Estatística. “Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente. Galicia e provincias”. [en liña] INE. <http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=2951&R=9912%5B12%5D;0%5Ball%5D&C=1%5B0%5D;2%5Ball%5D&F=&S=&SCF=&gt; [Consulta: 12 novembro 2015]

Instituto Galego de Estatística. “Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente. Datos por lingua na que aprenderon a falar”. [en liña] INE. <http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=2958&R=0%5Ball%5D;1%5Ball%5D&C=2%5Ball%5D;3%5Ball%5D&F=&S=998:12&SCF=&gt; [Consulta: 12 novembro 2015]

Lombao, David. “A Xunta incumpre o Plan Xeral de Normalización, que só é ‘unha referencia’” [en liña]. Praza Pública, 23 xaneiro 2014. <http://praza.gal/politica/6359/a-xunta-incumpre-o-plan-xeral-de-normalizacion-que-so-e-unha-referencia/> [Consulta: 15 novembro 2015]

López Martínez, Marisol. “La política lingüística en Galicia”. [en liña] Dialnet. <http://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/3004295.pdf> [Consulta: 11 novembro 2015]

Martín Plaza, Ana. “El gallego: ¿normalización o imposición?” [en liña]. RTVE, 24 febreiro 2009 <http://www.rtve.es/noticias/20090224/gallego-normalizacion-imposicion/236486.shtml&gt; [Consulta: 11 novembro 2015]

Pardo, Miguel. “Os incumprimentos ‘máis alarmantes’ do Plan Xeral de Normalización” [en liña]. Praza Pública, 19 setembro 2014. <http://praza.gal/economia/7840/os-incumprimentos-mais-alarmantes-do-plan-xeral-de-normalizacion/> [Consulta: 15 novembro 2015]

Siguan, Miqel. “Política lingüística en Galicia”. [en liña] Saber Leer (Madrid), núm. 167 (agosto/setembro 2003), 6-7. <http://consellodacultura.gal/arquivos/cdsg/docs/artigo_siguan.pdf> [Consulta: 11 novembro 2015]

Anuncios

Un comentario en “Traballo de investigación

  1. Falamos en clase do traballo. Non entendo o da evolución e agás unha táboa todos os datos estatísticos corresponden ao 2013. E a outra táboa: 2003, 2008 e 2013. Así que o título non parece corresponderse aos datos ofrecidos. A bibliografía está todo en cursiva, por que?

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s