The imitation Game

QUE CONTA?

The Imitation Game fala da historia do británico Alan Turing. Este matemático, criptoanalista e pioneiro científico da computación británica  foi unha figura clave no descifrado dos códigos da máquina Enigma da Alemaña Nazi. Na película desvélase a realidade que viviu unha das persoas que fixo posible a derrota do exército nazi na Segunda Guerra Mundial. Alan non foi tratado como un heroe senón que todo o contrario.

A película conta como Alan Turing e o seu equipo de descifrado de códigos tratan nunha carreira contrarreloxo de romper o cifrado da máquina Enigma da Alemaña Nazi no ultrasegredo Cuartel Xeral de Comunicacións do Goberno do Reino Unido, situado na mansión de Bletchley Park durante os días máis escuros da Segunda Guerra Mundial. O grupo de Alan é moi variado e está formado por académicos, matemáticos, lingüistas, campións de xadrez e oficiais de intelixencia que traballan sen descanso para poder entender as mensaxes que se envían os alemáns entre eles. O equipo tiña un aliado no primeiro ministro Winston Churchill, que lles concedeu un cheque en branco autorizándolles a prestación de calquera recurso que necesitasen para avanzar nas súas investigacións. Alan, coa súa inesgotable paciencia e esperanza, pasaba días e noite maquinando como podería mellorar a súa máquina ata que ao final, despois de moito traballo, conseguiron entre el e o seu equipo, entender unha das mensaxes que a máquina captara.

Alan tamén se namora dunha rapaza, coa que acabara casando, mais co tempo acáballe confesando que é homosexual e que nunca a vai querer do mesmo xeito que ela o quere a el. A pesar de esta noticia, nunca deixan de comunicarse e ao remate da guerra, a moza visítao de novo e descubre algo que non lle fai ningunha graza. Turing fora unha persoa moi importante durante a guerra e aínda así, nunca foi tratado como iso senón que foi condenado pola súa homosexualidade a unha pena de prisión. Para non ter que permanecer no cárcere acepta levar a cabo a castración química e antes de que remate a película aparece unha escena do pasado do home que fai comprender mellor a película, onde se vía como de neno estivo namorado de un compañeiro de clase chamado Christopher, o cal morrera de tuberculose cando eran nenos. Finalmente, tras dous anos de medicación, Alan decide rematar ca súa vida e suicídase.

Traballos, críticas e artigos de “The Imitation Game”

Traballos

Nos traballos sobre este filme atopamos dúas versións e opinións.

Unha das posturas é a seguinte, na que consideran que a historia ten que servir para situarnos, pero obviando que non todo o que contan é estrictamente certo. “A miúdo o maior problema é a xente que se aproxima aos relatos dando por feito que o que se conta é verdade e non o relato tomándose licenzas. Un problema de educación fronte ao que supón estar ante unha obra de ficción que se recoñece como tal. Un pode suspender a súa incredulidade temporalmente para gozar dunha obra e logo analizala, estudar máis respecto diso, comentar que cousas son máis ou menos correctas, cales son licenzas, erros. E logo volver vela e seguir considerando que todo iso que sabe non afecta á obra, pois era ficción cando a viu por primeira vez e ségueo sendo, e estará ben ou mal en si mesma.”

Outra opcións é que un tamén pode non suspendela nunca e simplemente esperar que todo o que lle digan axústese estritamente á realidade e acusar de mentireira á xente por ser creativa ao facer ficción, esperando que esta se someta por completo á verosimilitud e a realidade, ou pode suspender a súa incredulidade toda a súa vida e considerar que todo o que lle contan será certo (e tras ver a película ir polo mundo de gran entendido da vida de Turing, que tamén os haberá).

The Imitation Game, a película que narra a vida de Alan Turing, chegou aos cinemas rodeada de polémica, considerando que se tiran pola borda anos de esforzo da divulgación científica.

O primeiro medio en acender a mecha defendendo esta postura foi The Guardian. Sen pelos na lingua, o xornalista Alex von Tunzelmann acusaba o director Morten Tyldum de “inventar unha nova calumnia para insultar a memoria de Alan Turing”. Case nada.

Os traballos que rodean este filme tamén tratan o tema de acender a chama da divulgación.

A historia da divulgación científica está infestada de curiosidades a medio camiño entre a realidade e a ficción. Por exemplo, outro dos grandes investigadores da historia, Albert Einstein, é a miúdo acusado de ser un vago durante a súa época de estudante. Se tecleamos “Einstein failed maths” en Google, a procura devolveranos preto de 350.000 resultados.

Curioso, verdade? A historia, con todo, repítese. Como explican en Time, Albert Einstein xa dominaba o cálculo diferencial e o integral antes de cumplir os quince anos. As súas malas notas en matemáticas son simplemente mentira. Algo similar ocorre, por tanto, na película The Imitation Game.

A obra narra a vida de Alan Turing dunha forma mestra. Non fidedigna, a tenor das críticas. Pero a súa historia, a historia particular de ficción que vemos no cinema, é brillante. Consegue emocionarnos, revolvernos no asento, asombrarnos ante a súa intelixencia e enfadarnos ante a mentalidade da época.

The Imitation Game consegueo. Acende algo na nosa cabeza, unha necesidade de buscar máis información, de achar máis respostas, de aprender máis. Dixo Plutarco hai séculos que “o coñecemento non era unha vasilla que se enchía, senón unha chama que se acendía”. Esa é a definición perfecta do que debe ser a divulgación científica. Algo que nos atraia, que nos emocione, que nos impulse a coñecer quen estaba detrás do personaxe (e non a persoa) que interpreta Benedict Cumberbatch.

Despois de todo, chegouse á coclusión de que se necesitan máis películas así. É a grandísima necesidade que temos de películas como esta, ou como The Theory of Everything, que recupera a vida e obra de Stephen Hawking. Porque a pesar da frustración que pode producirnos no cinema a película sobre Turing, por fin falamos de películas que contan a súa historia. Unha historia que pertence ao xénero da ficción.

E é que a realidade da divulgación científica é triste, demasiado triste como para discutir sobre se Cumberbatch interpreta ou non a unha persoa histriónica. Segundo un estudo da Fundación BBVA, o 45,9% dos españois non pode ou non desexa mencionar o nome de ningún científico ao ser preguntado sobre os tres investigadores máis importantes da historia. En Reino Unido, esa porcentaxe redúcese ao 26,8%.

Artigos

Nos numerosos traballos e artigos que tratan o tema de esta película aparece sempre a descripción de varios puntos e participantes da historia. Os máis importantes son o seguintes.

‘The imitation game’: O pago dunha débeda histórica

Conta Benedict Cumberbatch, o protagonista de ‘The imitation game’, que na rodaxe, ao finalizar unha das escenas, non podía parar de chorar. Só pensaba no que Alan Turing sufriu. A película, que gañou o Óscar ao mellor guión adaptado dos oito aos que optaba e que foi dirixida polo noruegués Morten Tyldum, retrata a un dos xenios do século XX, o mesmo que axudou a descifrar a máquina Enigma e o mesmo que foi condenado á castración química para evitar o cárcere pola súa homosexualidade.

A homosexualidade e o perdón real

Alan Turing foi condenado ao cárcere pola súa homosexualidade pero puido evitar a prisión ao aceptar a castración química. Morreu envelenado aos 41 anos por cianuro, aínda que nunca quedou claro se foi suicidio (a tese oficial) ou un accidente debido a un dos seus experimentos (causa que defendía a súa familia).

En Bletchley Park hai unha copia do perdón que publicamente emitiu en setembro de 2009 o entón primeiro ministro británico, Gordon Brown, no que lamentaba profundamente aquela condena: “De parte do Goberno británico, e todos os que viven o liberdade grazas ao traballo de Alan, estou moi orgulloso de dicir: síntoo, vostede mereceu algo moito mellor”.

En 2013, pouco despois de celebrarse o centenario do nacemento de Alan Turing, Raíña Isabel II emitiu un perdón póstumo real pola súa condena por “grave indecencia”, e houbo voces que reclamaban que as desculpas as debería recibir el. Benedict Cumberbatch foi unha das 90.000 firmas dunha carta aberta que pedía o indulto para os 49.000 homes condenados pola mesma lei que Turing. O actor pediu o apoio do príncipe Guillermo e da súa esposa, que preferiron manterse á marxe. Un portavoz explicou que este era un asunto gubernamental que non era da súa competencia.

Benedict Cumberbatch

Rostro anguloso e mirada moi azul, Benedict Cumberbatch ten todo o estilo británico, namora ás mulleres, pero non é un guapo ao uso. Fillo de actores e pertencente á clase alta, acudiu de boa gana escolas e estudou arte dramática en Manchester. O actor moveuse en todos os medios, aínda que a súa fama estalou coa serie ‘Sherlock’, na que por certo o seu comportamento parécese bastante ao do seu Alan Turing da película.

É moi amigo da súa compañeira de rodaxe Keira Knightley e xusto unha semana antes dos Óscar casouse coa actriz e directora Sophie Hunter, con quen ten fillo. O anuncio da voda, despois dun ano de relación, fixérono do modo máis tradicional posible se es británico. Coma se en España fixéselo no ‘Ola’. Foi no ‘Times’: “Anúnciase o compromiso entre Benedict, fillo de Wanda e Timothy Cumberbatch, de Londres, e Sophie, filla de Katharine Hunter, de Edimburgo, e Charles Hunter, de Londres”, dicía a nota, publicada o pasado mes de novembro. A ligazón celebrouse en San Valentín.

Poderoso Weinstein

‘The imitation game’ é a gran aposta deste ano do poderoso Harvey Weinstein, cabeza dun dos lobbies máis importantes de Hollywood, con éxitos ‘dourados’ como ‘Shakespeare in love’, ‘O discurso do rei’ ou a carreira americana de Penélope Cruz. Antigo capo de Miramax, pagou nada menos que sete millóns de dólares polos dereitos da película en EEUU cando aínda non estaba terminada. Nese momento, empezou a carreira da película cara á meta do soado Teatro Dolby (antes Kodak).

El argumentou que a razón que lle levou a ese desembolso é o que lle gustaba moito ‘Headhunters’, dirixida tamén por Morten Tyldum, e que lle encantou a maneira de interpretar aos personaxes de Benedict Cumberbatch e Keira Knightley.

Quen foi Alan Turing

Matemático e profesor en Oxford, Alan Turing foi recrutado para traballar en Bletchley Park, un casarón supersecreta na que miles de persoas traballaban para descifrar a máquina Enigma. Calcúlase que o seu descubrimento recortou en dous anos a Segunda Guerra Mundial. O seu labor foi descrita por Winston Churchill (en petit comité, era alto segredo) como a achega individual máis importante á vitoria dos Aliados.

Ata ben entrados os anos 70 non se coñeceu a importancia daquel recinto: como moi ben explícase, converteuse nunha factoría de romper códigos de comunicación entre 1939 e 1945. Un campo de batalla sen avións nin tanques, oculto na campiña inglesa.

Foi, ademais, o pai da computación e apareceu morto só nove anos despois do fin da guerra. Someteuse a castración química. O Alan Turing do cinema é maniático, antisocial e parece sufrir os síntomas da enfermidade de Asperger. O real parece que era moito máis bromista e movíase estupendamente polos círculos sociais.

Enigma e Bletchley Park

Enigma foi unha máquina, en principio comercial, que os nazis utilizaron para o cifrado das súas mensaxes. Estes convertíanse en secuencias de letras que non parecían ter sentido algún e cambiaban a diario. Os polacos ‘hackearon’ unha Enigma, pero non conseguiron ‘romper’ os seus códigos. Logrouno o matemático británico grazas á súa ‘Bomba’, anticipo da era da computación. O achado fíxose dous anos antes de poder terminar coa guerra.

Durante os anos que estivo en funcionamento, por Bletchley Park pasaron preto de 10.000 persoas, a maioría mulleres e superdotadas. Unha avoa da actual duquesa de Cambridge traballou na mansión. Recentemente inaugurouse como museo e alí cóntanse todos os segredos daquel recinto. O proceso de selección incluía a resolución rápida de crucigramas. Para a estrea da película en EEUU, o pasado novembro, ‘The New York Times’ publicou un deles nas súas páxinas dentro da súa sección de pasatempos.

Críticas

“Non puidemos evitalo. Férvenos o sangue! Pero é que a inmensa cantidade de falsidades en “The Imitation Game” puideron connosco. Á fin e ao cabo, Alan Turing é o pai da intelixencia artificial e os computadores actuais. E todos en Pululart sentimos verdadeira admiración por un home como el.” Estas foron as palabras coas que comezaron en Pululart a facer unha crítica sobre a película. Seguiron unha serie de puntos que máis ou menos tocan todos os que se preocupan en correxir os erros e as incoherencias ue rodean esta historia.

O primeiro dos puntos é o de que Alan Turing de The Imitation Game interprétao un talentoso Benedict Cumberbatch que sae representado como un home brillante, sen humor e incriblemente talentoso. Nun primeiro momento da película, as súas saídas e borderías lémbrannos a Sheldon Cooper de The Big Bang Theory, e o seu comportamento na entrevista de traballo co Comandante Denniston é cravado ao seu papel na popular serie Sherlock Holmes.

Pero o principio da película é o máis próximo á realidade posible. É certo que Alan Turing era completamente apolítico, tanto nun plano interpersoal como nun sentido cívico. É certo que era gai, mesmo dunha forma moito máis aberta do que aparenta na película. Na súa biografía, “Alan Turing: The Enigma” de Andrew Hodges, leste afirma que Turing tentou manter relacións con varios homes da súa contorna, a maior parte das veces sen resultados satisfactorios.

Os grandes éxitos dos que se fala ao comezo da película son completamente certos. Turing foi elixido como membro de Cambridge con 22 anos, e publicou o seu artigo máis influente (On Computable Numbers) con 24 anos.

Mais isto non remata así, e as incoherencias históricas que máis foron criticadas son as seguintes:

Todo o argumento da película acerca de Turing como unha mente brillante que idea da nada unha máquina capaz de decodificar Enigma é unha enorme mentira. A Bomba, que é o nome que lle deron á máquina (no canto desa patraña lacrimóxena de Cristopher que se inventaron) foi inventada polos criptoanalistas polacos moito antes de que Turing traballase para o goberno británico. O gran avance de Turing non é deseñar a máquina enteira, senón mellorala e perfeccionala. Turing logrou que a súa máquina desestimase calquera combinación improbable de letras e enfocásese en resultados máis problables, acelerando o proceso e conseguindo gañar desta forma a guerra.

Gordon Welchman, o íntimo amigo e colaborador de Turing, outra mente brillante que axudou a perfeccionar a bomba, directamente non sae na película (quitaríalle protagonismo a Turing, ou.c.)

En toda a película móstrase a Alan Turing como alguén que ten certo grao de autismo:  Turing é incapaz de entender as bromas, tómallo todo literalmente e parece sufrir á hora de comunicarse con outras persoas. Nin sequera na biografía de Turing especifícase que este tivese ningún tipo de autismo ou asperger, e de feito, aínda que se lle describe como tímido e excéntrico, os seus compañeiros de traballo declararon posteriormente que era alguén moi próximo e fácil de querer.

Ao comezo da película, o personaxe de Benedict Cumberbatch afirma que non sabe alemán, cando en realidade, non só Turing estudou alemán, senón que viaxou a Alemaña antes e despois da guerra.

Un dos argumentos máis lacrimóxenos da película é completamente certo: Turing desenvolveu sentimentos amorosos por un mozo chamado Christopher Morcom na escola Sherborne. Efectivamente, Morcom morreu de tuberculose bovina en 1930. Con todo, non é certo que ambos pasasen o tempo descifrando criptogramas (iso sería con outro amigo tras a morte de Morcom) e tampouco é certo que negase os seus sentimentos ante o director da súa escola. Turing estivo devastado pola morte de Morcom e isto provocou que mantivese correspondencia coa nai de Cristopher durante anos e que ata se fose de vacacións con el.

A pregunta que os críticos se fan desde a actualidade é se realmente a vida dun dos maiores xenios matemáticos e pai fundados da IA tivo unha vida tan pobre e aburrida como para non poder amosar unha película con máis vida.

O derradeiro dos puntos da súa crítica é o final. Aínda que din que Turing se suicidou, nunca amosan como. Alan Turing, abatido e esnaquizado pola castración química, inxectou cianuro a unha mazá e logo comeuna. Isto xerou a lenda urbana que o logo orixinal de Apple Computers, a mazá mordida coa bandeira gai, é unha homenaxe á morte de Turing pero Apple sempre negou esta relación.

Tampouco se poden descartar morte accidental (que se envenenara con cianuro por outra vía e a mazá estivese a medio comer por calquera outro motivo), por outra banda. De feito, precisamente na película, ao principio, móstrase como o envelenamento podería vir por un accidente ao traballar con ese material.

Quen fala? identificación do papel de cada personaxe. Características.

O protagonista de ‘The Imitation Game’ trátase de Alan Turing, o famoso lóxico, matemático e criptógrafo, interpretado por Benedict Cumberbatch. Trátase dun personaxe homosexual, de personalidade excéntrica debido a un síndrome de Asperger que caracteriza moitas veces ós grandes xenios da historia. Debido a esta deficiencia, preséntase como un personaxe excéntrico, ás veces un tanto ególatra co seu traballo, pero o que di sempre acorde co que pensa. O que caracteriza este síndrome, ademais de altas capacidades de dedución e cálculo, é a dificultade para se relacionar coa xente e, en especial, para captar bromas, sarcasmos ou preguntas retóricas, pois sempre se basea no sentido estrito das palabras. Este problema arrástrano desde pequeno, sempre demostrando as súas habilidades mentais sen importarlle o que pensaran os demais compañeiros da clase. A súa adolescencia, polo tanto, tal e como se demostra nos flashbacks da película (nos que Alan Turing aparece interpretado por Alex Lauther), non fora nada sinxela, sufrindo os acoso dos seus compañeiros. Soamente o seu amigo, Christopher Morcom (Jack Bannon), parece apreciar as súas dotes e a súa personalidade, cousa que leva a Turing a namorar del cando era cativo.

Non obstante, esta excentricidade do protagonista evoluciona a medida que desenvolve as súas actividades en Bletchley Park. Ó principio vese sorprendido por ter que traballar nun equipo no que se supón que deberá colaborar con outros criptógrafos, matemáticos e lingüistas, rexeitando incluso a algúns deles. Pero máis tarde, cando o seu traballo totalmente autónomo periga pola impaciencia dos superiores e grazas a que comeza unha relación de amizade con Joan Clarke (Keira Knightley), comeza a valorar o traballo en grupo por recomendación desta, ata o punto no que chega a querela e incluso a propoñerlle matrimonio (aínda que fose por mor do traballo).

Ó final da película, e trala súa condena por escándalo público como homosexual, aparece a decadencia de Turing polo tratamento con hormonas ó que lle sometía a xustiza.

Joan Clarke, a fiel amiga de Turing durante a trama, é unha criptoanalista e numismática británica que traballou tamén en Bletchley Park. Graduada en matemáticas con notas de matrícula de honra, vive cos seus pais nunha típica vivenda de Londres, destinada a atopar un marido e servilo durante toda a súa vida por vontade dos seus proxenitores. Non obstante, a proba do crucigrama de Turing é o seu pasaporte ó seu equipo de descifrado de Enigma, onde se inclúe como unha máis a pesar de ser, oficialmente, unha das operadoras que interceptan mensaxes dos nazis pola súa condición de muller. Co seu carácter tan noble, consegue a amizade do protagonista como poucas persoas o conseguen, e convénceo para que traballe en grupo co resto do equipo. Non se sabe se por amor ou por unha gran amizade, comprométese con Turing a pesares da súa homosexualidade para non ter que abandonar Bletchley Park por mandato dos seus pais. Ó final do filme, aparece na casa de Turing cando este está en decadencia polo tratamento das hormonas, para poñer en cuestión a vontade deste de ser “normal”, argumentando que se non fose polas súas capacidades, moitas cidades serían destruídas e moitas persoas estarían mortas. Joan Clarke é un personaxe clave na vida de Alan Turing, que de certo modo é decisivo para o apaciguamento da súa personalidade e o descifrado de Enigma.

Mathew Goode interpreta ó criptoanalista Hugh Alexander, membro do equipo de Turing. Atractivo e egocéntrico, pasa por todo un conquistador en Bletchley Park e, como líder carismático do grupo, cuestiona a eficiencia do sistema e tamén do carácter do protagonista, que se mostra alleo ó resto do grupo, o cal parece molestarlle. Cara o final, coa axuda de Joan, consegue que Turing se inclúa no grupo e deféndeo dos oficiais e do xeneral que pretenden destruír a súa máquina. A pesares de pequenos enfrontamentos como cando Turing non quere derribar o submarino alemán para manter en secreto o descifrado de Enigma, sempre acaba comprendéndoo e aceptando que ten razón.

Jon Cairncross é outro membro do equipo, interpretado por Allen Leech. Aparece como un máis, pero diferénciase do resto cando se descobre que, en realidade, é un espía soviético consentido polo xeneral Stewart Menzies para saber e controlar que información lles filtra ós soviéticos. A pesares disto, como persoa aparece bastante noble e fiel, pois cando descobre a homosexualidade de Alan Turing, convénceo para que non o desvele.

O último membro do equipo é Peter Hilton (Mathew Beard). Trátase dun membro secundario, outro experto criptógrafo do grupo. Cobra identidade propia cando se deixa levar polo amor fraternal máis que pola prudencia, e chega a enfrontarse a Turing cando decide non intervir no afundimento do convoi británico por parte dos alemáns, convoi no que está o seu irmán.

Christopher Morcom (Jack Bannon) é o mellor amigo da infancia de Alan Turing. Comprende á perfección o seu potencial intelectual e, en lugar de marxinalo e abusar del como fan os seus compañeiros da escola, opta por axudalo, animalo regalándolle un libro sobre criptografía e tratar de ser o seu amigo ata o punto no que se trata do seu primeiro “amor”. Pero este amor é frustrado cando, nunhas vacacións que o manteñen afastado do internado, morre dunha tuberculose, o cal marcará profundamente a vida do criptógrafo ata o punto de que bautizará como “Christopher” á máquina que descifra Enigma.

Stewart Menzies (Mark Strong), é o xeneral da división onde se desenvolve a trama. Aparece como un personaxe frío, autoritario e poderoso, ó que non lle importa mentir para conseguir o que quere, como cando irrompe na habitación de Joan Clarke dicíndolle a Turing que está detida cando en realidade estaba no mercado. Non obstante, a súa intelixencia aparece patente cando, por riba dos coñecementos do propio presidente Churchill, decide a información que se lle comunica ós soviéticos.

Destaca tamén o comandante Alastair Denniston (Charles Lance), cun carácter na liña do xeneral Menzies, pero sen tanta autoridade coma el, pois acaba cedendo ante as altas capacidades intelectuais de Turing.

Por último, salienta tamén o detective Nock (Rory Kinnear), que axuda na introdución da historia coa investigación da personalidade de Alan Turing anos despois de que rematase a Segunda Guerra Mundial. As súas ansias de recoñecemento lévano a desconfiar do matemático e da súa personalidade, chegando a detelo e facéndoo confesar a historia que motiva a película. Aínda que ó final recoñece a Turing coma un heroe, destapa a súa homosexualidade e é o culpable da súa condena ó tratamento con hormonas e da súa decadencia.

Similitudes e diferenzas entre a realidade e a ficción? identificación das contradicións, lagoas e inconsistencias, erros, disfuncións, etcétera, na historia.

A pesares de que The Imitation Game aparece como unha película baseada en feitos reais (e así é), varias son as críticas que recibe por non axustarse fielmente á realidade.

En primeiro lugar, tal e como apunta o propio Andrew Hodges, autor da biografía Alang Turing: The Enigma (1983), na que se basea a película, a personalidade de Turing non aparece ben reflectida. Na película aparece cunha personalidade autista e excéntrica, chegando ó punto da arrogancia e da anti-sociabilidade; non obstante, tal e como apuntan os seus biógrafos, baseándose en confesións das amizades de Turing, simplemente era unha persoa tímida e acomplexada pola súa homosexualidade, cun certo sentido do humor e cunha boa disposición a traballar en grupo que aparecen totalmente ausentes ó longo da película. Tampouco parece que haxa odio algún por parte do comandante Denniston hacia Alan Turing, o cal parece ser unha busca a propósito dun personaxe antagónico e desprezable, denunciado xa pola familia do comandante. Ademais, no filme, o criptógrafo aparece como líder de todo o servicio de descifrado de Enigma, cando en realidade soamente pertencía ó departamento Hut8, encargado das comunicacións navais. Desta forma, o seu traballo estaba complementado co Hut6, liderado polo matemático Gordon Welchman, que se ocupaba das comunicacións aéreas e terrestres.

Nun artigo de Marta Peirano (2015) onde desmonta algunhas inexactitudes da película, se describe así a Turing:

“Aunque el momento Eureka y el genio autista son más cinematográficos, lo cierto es que el desarrollo científico y tecnológico es siempre el resultado de la colaboración de muchos cerebros distintos. Turing fue un intelecto único, pero su talento para trabajar en equipo no lo hace menos genio, sino más”

Outro aspecto incorrecto é que Turing non soubera alemán como se indica ó comezo da película, pois non só estudiou tal idioma, senón que viaxaba frecuentemente a Alemaña. Ademais, aínda que teña menor importancia, era un gran atleta, membro do club de atletismo que facía maratóns e ía de Londres a Bletchley Park correndo; no filme soamente parece correr en momentos de tensión para evadirse, pero non era así.

Outra inexactitude é o nome da máquina, que non é “Christopher” senón “Victoria”. De feito, a máquina non é un ordenador nin un invento de Turing, senón que era unha reinvención de “Bomba”, unha máquina polaca utilizada tamén para descifrados, e fora producida, por certo, pola British Tabulating Machine Company, non polo propio Turing. Ademais, tampouco funcionaba soa como parece na película, senón que precisaba a introdución continua de valores.

Estas distorsións do que acontece na realidade existen en tódalas películas deste estilo, pois o baseamento en feitos reais, en moitas ocasións, tende á espectacularidade propia do cine. Ata tal punto que calquera parecido coa realidade é pura coincidencia.

Como se conta? estrutura, estilo, técnicas, planos, etcétera.

Se ben a estrutura do filme non é lineal, os feitos narrados suceden meramente no interrogatorio a Alan Turning polo seu presunto caso de homosexualidade. Dende esa introdución á historia, Cumberbatch móstrase nun cara a cara cun detective; máis que unha escena policíaca, a imaxe atópase máis próxima a un purgatorio, no que un humano que xogou a ser deus busca redención. O persoaxe de Alan que se mostra frío dende o principio, coma se de unha máquina se tratara, non é máis que a decostrucción dun engranaxe nunha caixa de cravos. A medida que se produce unha inmersión na historia, vemos que Turning é un ente altamente vulnerable e complexo, tanto que non parece feito para a época, así o mostra o seu tráxico fin e os seus recoñecementos póstumos. Voltando ao análise da estrutura, o montaxe é semellante ao que camiña pola espesura dun bosque, non atina a ver entre as ramas e as altas copas o horizonte, mais a medida que o número de árbores se reduce, e a camiñata chega a un claro; é o espectador quen se pon na pel do noso protagonista, e pénsase dictador, xuíz e vítima dunha decisión non feita para humanos, a morte.

En canto á análise de planos, convén ter en conta a presentación do personaxe, simplemente os trinta primeiros segundos. Ten lugar plano xeral no que protagonista e detective se sentan un frente ó outro, e deixa un único xuíz na sala, o espectador. O estilo dramático que impregna toda a historia é froito da perfecta adecuación de diálogos e escenificación, situándonos na Gran Bretaña de mediados do siglo pasado, e transportándonos a unha época na que pensadores doutro tempo eran xulgados coma Cristopher, máquinas. No plano técnico engadir o grande uso do croma, sobre todo na ambientación de exteriores, mais é certo que a película non presentaba grandes complicacións en canto a localizacións ou atrezzo. Finalmente engadir a gran importancia do final da película, que non deixa de ser unha liberación do personaxe mostrada nunha secuencia a cámara lenta, que ten un final común á vida, o fundido a negro.

Onde e cando se desenvolve? identificación de escenarios, paisaxes. Onde se rodou, por que, dificultades. Contexto histórico.

O primeiro punto de análise é o contexto histórico, Alan Turning é presentado en Manchester no ano 1951, enfróntase a un interrogatorio, mais os saltos temporais no filme son moi recurrentes. Primeiro ao Londres de 1939, baixo os bombardeos nazis, a cidade vive aterrorizada unha fuxida e un sálvese quen poida dos seus habitantes. Outro dos saltos prodúcese en 1928, cando Alan Turning estudaba na facultade de Cambridge e sufre o maltrato dos seus compañeiros; lugar donde a posteriori atoparía o amor. O resto de datas recóllense no transcurso da Segunda Guerra Mundial, nesa fábrica de radios onde o noso protagonista crea a Cristopher. A últimas das datas do filme sitúase despois da guerra, arredor dos anos 50, momento no que recibe a visita de Joan Clarke e consegue o seu perdón. Finalmente nos créditos podemos observar unha serie de notas biográficas cunhas imaxes da queima de documentos sobre a operación Enigma, estas frases están relacionadas coa vida do protagonista, pai dos actuales ordenadores e que rematou cun tráxico suicidio no ano 1951.

Rodouse na súa totalidade en Inglaterra, a continuación preséntase a listaxe de localizacións:

  • Escola de Sherborne, Sherborne, Dorset, England, UK

(Escola de Alan Turning)

  • Aeródromo de Bicester, Bicester, Oxfordshire, England, UK
  • Estación de King Cross, King’s Cross, London, England, UK

(Estación do principio do filme)

  • Chesham, Buckinghamshire, England, UK
  • Joyce Grove, Nettlebed, Oxfordshire, England, UK

(Parque de Bletchley e lugar onde se atopa o centro de investigación secreto)

  • Estación de Aldwych, Aldwych, Holborn, London, England, UK

(Escenas de bombas)

  • Londres, England, UK

O rodaxe contan con lugares tan próximos e realizados no mesmo país para o abaratamento de costes, amais como xa se mencionou previamente, o gastos de producción para esta película non foron esaxerados. A súa data de filmación foi dende o 15 de setembro de 2013 ata o 13 de novembro do mismo ano.

Que recursos se usan? detección de trucos e efectos especiais.

O uso de efectos especiais ao filme non é esencial á forma de tratar a película, é máis, son contadas as ocasións nas que os efectos son protagonistas da escena. Momentos como os bombardeos, ou a secuencia dos tanques nazis no campo de batalla, supoñen o toque de ciencia ficción a un filme que intenta ser en todo momento moi natural. É ese o truco dos efectos, que aínda que se usen, parezca que todo é natural, neste caso faise pola pouca complexidade ficticea do filme. Resaltar o bon montaxe que non deixa de desentrañar durante o completo do relato o complexo do personaxe, e a maxistral forma de presentar un final tan tráxico como unha liberación do humano. Mais aló do anterior comentado a estética é pertecente a visión do cine de superproducción, cun mensaxe de transfondo para o público de a pé e a reticencia dos críticos ao que pudo ser e non foi.

Crítica

A película estivo correcta. Tras o visionado da mesma puidemos facer unha análise a fondo do ámbito técnico e da trama argumentativa. No apartado técnico temos que sinalar que a súa estrutura non é lineal e que posee unha redudante utilización do recurso do flashback. Se ben a película ten un inicio no interrogatorio a Alan Turing e finaliza coa morte do mesmo, resulta pesado ese recurso. En canto ao argumento pensamos que dende a dirección non souberon expresar ben a homosexualidade do investigador, o intento de profundizar na orientación sexual do protagonista rematou por crear unha falsa imaxe que xenera un paradigma do homosexual como alguén tímido, con problemas para relacionarse ou para integrarse na sociedade. Respecto ás características do personaxe tamén hai que apuntar que as diferenzas entre o carácter do Turing real fronte ao do Turing da película é moi diferente. Neste aspecto tamén se pode apuntar que o acontecido na realidade dista moito do que relata a película, para quen busque unha historia real, basada en feitos históricos, non atopará o que busca. Para o que busque unha película cun argumento para o gran público e que che ocupe o tempo morto dunha tarde de domingo, está ben.

MAPA CONCEPTUAL:

AlanTuring

Bibliografía:

Blesa, Cus. “The Imitation Game (Descifrando Enigma)” [en liña]. El espectador imaginario, 2015. <http://www.elespectadorimaginario.com/the-imitation-game-descifrando-enigma/> [Consulta: 27 novembro 2015]

Colaboradores de Wikipedia. “The Imitation Game” [en liña]. Wikipedia. La enciclopecia libre, 2015. <https://es.wikipedia.org/wiki/The_Imitation_Game> [Consulta: 6 decembro 2015]

Film Affinity. “The Imitation Game (Descifrando Enigma)” [en liña]. Film Affinity, 2015. <http://www.filmaffinity.com/es/film617730.html> [Consulta: 27 novembro 2015]

Peirano, Marta. “Cometieron seis errores: los fallos garrafales del biopic de Turing” [en liña]. Eldiario.es, 2015. <http://www.eldiario.es/cultura/cine/cagadas-The-imitation-game_0_344016148.html&gt; [Consulta: 6 decembro 2015]

Pululart. “Alan Turing y las mentiras en The Imitation Game” [en liña]. Pululart, 2015. <http://www.pululart.info/alan-turing-y-las-mentiras-en-the-imitation-game/2015/01/> [Consulta: 6 decembro 2015]

Román Villatoro, Francisco. “El falso Alan Turing de la película ‘The Imitation Game’” [en liña]. Naukas, 2015. <http://francis.naukas.com/2015/01/26/el-falso-alan-turing-de-la-pelicula-imitation-game/&gt; [Consulta: 6 decembro 2015]

VV.AA. “The Imitation Game (Descifrando Enigma)” [en liña]. Estamosrodando, 2015. <http://cine.estamosrodando.com/peliculas/the-imitation-game-descifrando-enigma/ficha-tecnica-ampliada/> [Consulta: 27 novembro 2015]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s